Onte foi unha xornada teatral coa representación da obra » 8 comidas galegas», unha parodia inspirada nas famosa películas «8 apelidos vascos» e «8 apellidos catalanes»e baseada no texto «8 apellidos a la Romana» de Antonio J. Parra Cuelo. Os actores foron os rapaces da ESO que acuden a esta actividade do colexio e que a estiveron preparando ao longo deste curso. Este ano, coma todos, é especial xa que moitos dos rapaces rematarán a súa andaina no noso colexio. Queremos agradecer a colaboración que nos presta a ANPA do colexio nesta actividade, tanto na organización, impartición das clase así como nos preparativos para todos os actos que teñan ralación directa ou indirecta con eles. Unha inestimable axuda e en especial un agradecemento moi sinceiro tanto para Ana coma para Maite Lanza que todos os anos están facendo que as «funcións sexan posibles».
XORNADAS DE TEATRO
