TRABALLO POR PROXECTOS


PROXECTO EDUCACIÓN INFANTIL: OS ANIMAIS

Os nenos e nenas de 3 anos estabamos na clase e, de súpeto, escoitamos uns ruídos, polo que decidimos saír a ver de que se trataba.

👀 Non imaxinades o que atopamos: eran pegadas de diferentes animais! Entre todos decidimos seguilas e… leváronnos ata a biblioteca do colexio.

📗Alí esperábanos unha caixa cunha sorpresa! Dentro dela atopamos millo, un conto, plumas de paxaros, unha correa, pequenos paus de madeira, un parrulo e unha ovella…

✅Todo isto espertou en nós unha gran curiosidade, así que decidimos investigar un pouquiño máis. E así o fixemos. Imos comezar o proxecto dos ANIMAIS!❓

Queredes ver o que imos descubrindo? Axiña teredes noticias nosas!

#proxectoosanimaiseducacioninfantil

https://www.instagram.com/p/CWa2zYftrUO/?utm_source=ig_web_copy_link

https://www.facebook.com/media/set?vanity=100010644163728&set=a.1509139789450812

PROXECTO EDUCACIÓN INFANTIL: OS ANIMAIS (2)

📌 Recordades as pegadas que atopamos?

👣 Na asamblea de hoxe clasificámolas por tamaños: grandes, medianas e pequenas. Máis tarde intentamos descubrir entre todos/as que animais deixaran esas pegadas (gato, galiña, cabalo, cadelo…).

🐓🐕🐈🔎Seguidamente, coñecimos as letras e os sons dos nomes deses animais e, para rematar, plasmamos nun mural o que sabemos e o que queremos saber sobre os animais.

#proxectoosanimaiseducacioninfantil

PROXECTO EDUCACIÓN INFANTIL: OS ANIMAIS (3)

📌 Seguimos investigando grazas á axuda dos materiais que nos vanaportando as nosas familias a través de vídeos, contos, fotos ebonecos.🎬📕🎥

Imos experimentando coas texturas dos diferentes tipos de pel dosanimais, os seus tamaños, a súa alimentación… e ata vimos fermosos encontros dos nosos/as compañeiros/as con diferentes especies. 🐓🐕🐈🔎

Seguimos aprendendo! 😀

#proxectoosanimaiseducacioninfantil

PROXECTO EDUCACIÓN INFANTIL: OS ANIMAIS (4)

📌 Hoxe desfrutamos dun fermoso día de investigación intentando atopar algún animal polo noso pobo.

Para poder descubrir os animais que máis se agochaban, elaboramos unhas lupas de investigadores. 🔎

Nesta saída puidemos ver uns fermosos cans paseando pola rúa, peixes no porto, gaivotas que sobrevoaban o mar e gorrións nunha árbore. 🐕🐟🦤

Resultou unha experiencia fantástica e divertida!! 😄

#proxectoosanimaiseducacioninfantil

PROXECTO EDUCACIÓN INFANTIL: OS ANIMAIS (5)

📌 Seguindo co noso proxecto sobre os animais, hoxe recibimos na nosa aula a visita de Cristina, veterinaria do “Centro veterinario A Marosa”, que nos explicou, entre outras moitas cousas, en que consiste o seu traballo. Despois estivemos dialogando con ela sobre os coidados e alimentación que precisan cada un dos diferentes animais. Tamén nos contou as súas experiencias con algún exemplar non moi común de atopar.

Finalmente, tróuxonos como agasallo un debuxo dun veterinario cos seus animais para colorear.Encantounos a súa visita e aprendimos moito.

Gracias, Cristina!

#proxectoosanimaiseducacioninfantil

PROXECTO EDUCACIÓN INFANTIL: OS ANIMAIS (6)

🦤🐟🐇🐧🐴🐈🐕🦓🐓🦌🦒

Nestes días fumos dando máis pasiños no noso proxecto. Durante estas xornadas estivemos decorando animais con dúas técnicas artísticas: o estampado dactilar e o rasgado de papeis.

Ao rematar esta lúdica e didáctica actividade, elaboramos un mural no que estivemos clasificando os diferentes animais en domésticos ou salvaxes.

Gústavos como quedou? 😃

#proxectoosanimaiseducacioninfantil