O pasado luns 27 de xuño, os alumnos de Educación Secundaria do Colexio Nosa Señora do Pilar que se presentaron o pasado 28 de maio aos exames KET (A2), PET (B1) e FIRST (B2) a través da Universidade de Cambridge, recibiron os seus resultados.
O 80% destes alumnos obtiveron o nivel ao cal se presentaban, facendo unha mención especial a tres deles, xa que recibiron a cualificación de ‘Pass with Merit’ e a unha cuarta alumna que obtivo a cualificación de ‘Pass at Grade A’ no seu exame de B2, o cal a habilita para acceder directamente ao seguinte nivel, o C1. No vindeiro mes de setembro celebrarase no centro unha cerimonia de entrega de diplomas. Noraboa a todos/as.