COMEZO CURSO 2020-2021 (PLAN DE ADAPTACIÓN E DE CONTINXENCIA)



COMEZO CURSO 2020-2021 (PLAN DE ADAPTACIÓN E DE CONTINXENCIA)

✅ Onte, 31 de agosto, a dirección do noso centro estivo a informar á Directiva da ANPA das cuestións máis relevantes do Plan de Adaptación e do Plan de Continxencia, elaborados pola Dirección e a Xefatura de Estudos durante o último mes en base ao Protocolo publicado pola Xunta o 22 de xullo, e que será completado nestes días unha vez que a Consellería de Educación publicara tamén onte o Protocolo modificado e definitivo de centros non universitarios.

✅ O protocolo definitivo publicado onte pola Xunta poden consultalo no seguinte enlace:

https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/v_3.7_definitiva_modificacion_1_protocolo_centros_educativos_post_comite_clinico_e_post_consejo.pdf

✅ Tanto o Plan de Adaptación como o Plan de Continxencia do noso centro serán publicados na nosa páxina web http://www.colexiodopilarfoz.es/ unha vez estean actualizados coas indicacións do Protocolo definitivo publicado onte. A Dirección e a Xefatura de Estudos do centro seguirán traballando intensamente nestes días no Plan de Adaptación definitivo para asegurar que o noso colexio sexa un LUGAR SEGURO para o noso alumnado, familias, docentes e persoal do centro.

✅ Informamos a continuación das datas publicadas onte pola Consellería de Educación respecto aos días de comezo dos cursos das diferentes etapas:

10 de setembro: 4º e 5º de EI / 1º e 2º e 3º EP
11 de setembro: 6º EI/ 4º, 5º e 6º EP
16 de setembro: 1º e 2º ESO
17 de setembro: 3º ESO
18 de setembro: 4º ESO

 


Comments are closed.