O Colexio Plurilingüe Nosa Señora do Pilar é un centro evanxelizador. No que se vive en, dende e para o Evanxeo. A nosa acción educativa é animada polo Espíritu de Xesús que nos impele, ao igual que o fixo con Francisco e NAI Paula a “ver e escoitar a Xesús” entre os libros, as familias,… a Comunidade educativa. A tarefa de transmitir a mensaxe de Cristo é prioritaria. Dende o traballo diario nas aulas e o amplo programa de pastoral queremos desenvolver a nosa tarefa de educadores.
Fai dos anos creuse un grupo de traballo baixo o nome de «Misión Compartida» composto por laicos e seglares cunhos obxectivos moi claros:
– Coñecer e dar a coñecer o carisma Franciscano
– Desenrolar un proceso de comunión para a misión das distintas comunidades da nosa congregación.
Este grupo de persoas está formado por Sor Reina e Sor Carme como representantes laicos, e por parte do profesorado, Pilar López, Alba Rodríguez, Miriam Villarino, Oscar Reigosa, Reyes Yanes, Mitos Reigosa e Teresa Vázquez.
CURSO 2022 / 2023
LEMA PARA ESTE ANO
DÍA ESCOLAR DA PAZ E NON VIOLENCIA
DOMUND 2022
SEMANA DE NAI PAULA
Durante toda esta semana estivemos traballando e afondando sobre a figura de Nai Paula, Fundadora da nosa Congregación Franciscanas da Purísima.
Na liña do lema do presente curso, elaboramos uns murais decorados por todo o alumnado que simbolizan o noso desexo de camiñar e medrar a carón de Nai Paula.
O día 18 tivemos unha celebración conmemorando a data do seu pasamento na que lembramos o seu carisma e o seu legado.
CELEBRACIÓN DÍA DO PILAR
Semana festiva no noso colexio comenzando o mércores coa celebración da eucaristía do Pilar, Antonio Valín, párroco da nosa vila foi o encargado de oficiar a mencionada misa. O xoves tocoulle o turno aos grandes protagonistas, aos nosos alumnos e alumnas. Os máis pequenos, infantil, 1º e 2º de primaria disfrutaron coa presenza dun contacontos. Gozaron e interactuaron dun xeito activo. Mentres tanto os maís grandes participaban xa, no Campo de fútbol de Malates e ao arredor, dunha carreira de orientación organizada pola empresa roqsport de Viveiro, que sémpre están dispostos a botarnos unha man nestas celebracións, grazas pola vosa paciencia e dedicación cos rapaces e rapazas. Unha semana na que agardamos que tanto familias, alumnado e todas as personas que forman esta comunidade educativa fose do seu agrado.