MÓVETE CON EQUILIBRIO



MÓVETE CON EQUILIBRIO

✅ Divertidísima tarde a que pasaron hoxe no pavillón do noso colexio máis de cincuenta nenas e nenos coa actividade MÓVETE CON EQUILIBRIO, que foi organizada polo ANPA do noso centro xunto coa USC e a Xunta de Galicia.

Esta actividade era totalmente gratuíta e estaba dirixida a nenas e nenos entre 5 e 16 anos, tanto de Foz como do resto da Mariña, estudiasen ou non no noso centro. 😀

Durante toda a tarde os rapaces/as que se acercaron ao noso colexio gozaron de actividades físico-deportivas con inchables deportivos, pistas americanas e rocódromo. O obxectivo era fomentar e habituar aos rapaces ao movemento con equilibrio e así desenvolver as habilidades motrices (desprazamentos, xiros, saltos, trepa…). 🏃🏃‍♀

En definitiva, unha tarde entretida, divertida e deportiva.👉 Non queremos deixar pasar a ocasión de agredecer o seu traballo e interese a todas aquelas personas que fixeron posible esta activa e saudable actividade. 👏👏#anpacolexiodopilar

#actividadesnonosocolexio

#deportenonosocole

#Corresponsables


Comments are closed.