Estimadas familias,
Probamos no curso pasado, de xeito EXPERIMENTAL no mes de maio, unha pequena novidade no horario de Infantil e Primaria, que resultou ser do agrado da maioria.
Esta novidade veu propiciada porque varias familias viñan ao colexio preguntando se podían levar os seus seus fillos (infantil e primaria) algúns días ás 16:25 (remate do último período lectivo). Esta petición, debíase a que había certas actividades ás que querían asistir fóra do colexio e non lles daba tempo saíndo ás 17:15.
Unha vez analizada a posta en marcha destes pequenos cambios, vimos que había que darlles un pequeno retoque.
Polo que se refire a este curso 2016/2017 queda así:
INFANTIL/PRIMARIA
A franxa horaria do centro que queda 9:45/17:10.
A xornada matinal remata ás 13:00, e a vespertina comezá ás 14:35.
Pola tarde rematamos ás 17:10. Agora ben, aquelas familias que decidan, ben puntualmente ou ben os días que o desexen, poden recollelos ás 16:30.
O período dende as 16:20 ata as 17:10 adicarase a actividades ou estudo vixiado por mestres.
SECUNDARIA
Moitas familias viñan solicitándonos se poderíamos ter outra tarde sen actividade lectiva propiamente dita. Isto é moi complicado polo tema do transporte, pero neste curso, atrasando os mércores unha sesión a saída matinal, o alumnado deste nivel non terá clase as tardes dos mércores e venres.
Estas tardes haberá actividades, reforzos…, para aqueles que desexen permanecer no centro.
Un atento saúdo.