Festa da Familia 2016 – Sábado 1de Outubro



Festa da Familia 2016 – Sábado 1de Outubro

FESTA DE COMEZO DE CURSO!! – SÁBADO 1 DE OUTUBRO

O pasado curso fixemos un cambio importante na estructura da FESTA DA FAMILIA do Colexio, máis participativa para to@s, e que tivo gran acollida por parte de familias, profesorado e alumnos. Trasladámola ao comezo do curso e convertímola entre todos nunha festa para reencontrarnos, para empezar o curso con máis ganas e bo humor, para coñecerse os que empezan novos… Unha convivencia de alumnos-pais-profesores-relixiosas.

Debido a que a maioría das familias nos fixeron saber que disfrutaron máis có novo formato, decidimos continuar e facer deste inicio unha tradición, na que nos encantaría que participasen, se divertisen e, ata se fose necesario, colaborasen. O inicio da festa seá, aproximadamente ás 11:30 da mañá coas con competicións deportivas e está previsto finalizar a xornada sobre as 7 da tarde despois dos xogos en familia e o concurso “TÚ SI QUE MOLAS!”.

Se queres coñecer toda a información sobre o programa de actividades completo e todos os detalles, poderás atopalos tanto na nosa conta de twiter como en facebook.

Debido ás características da festa deste ano, e para programar o mellor posible a comida e os talleres, agradeceríamos que nos foran adiantando qué persoas estarían interesadas en acudir, en colaborar con comida e en participar nos concursos gastronómicos, a través dos profesores, enviando unha nota polos alumnos, ou chamándonos directamente a ANPA:

Maite (669471512), Ana (660445923) e Charo (609312294)
Moitas grazas


Comments are closed.