A finais da semana pasada estívose a rematar a instalación dos Paneis Táctiles financiados polo fondo europeo relativo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia da Unión europea no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU e apioiado pola Xunta de Galicia.
Son un total de dez paneis Newlin TT4752Q con pantalla de 75´´e resolución 4K (Android 11, 4GB RAM, 64 GB de almacenamento), cun módulo OPS integrado (procesador i5, RAM 8GB, 256 GB SSD), Webcam 4K compatible e teclado con touchpad sen fíos.
Os obxectivos que se pretenden conseguir, entre outros, con estes paneis táctiles son os seguintes:
- Seguir apostando polo emprego das novas tecnoloxías como recurso metodolóxico na aula pois supón unha maneira de aprender empregando estes recursos, que xa de por si é unha parte integral das nosas vidas.
- integrar de maneira natural a tecnoloxía coa educación desde una idade temperá que permitiría desenvolver capacidades participativas, colaborativas e comunicativas tan importantes na metodoloxía moderna e interactiva que queremos inculcar no noso centro educativo
- Cumprir cun dos obxectivos do Plan Dixital 2022/23 no que o noso centro está inmerso dende o curso pasado. Este obxectivo marcado pola Dirección do noso colexio no Plan Dixital era equipar cos recursos tecnolóxicos axeitados as diferentes aulas do noso centro. “Conseguir e actualizar o material informático (ordenadores, canóns, pizarras…) tanto na aula como as diferentes aulas e departamentos do centro”. Obxectivo AO2 Plan Dixital.
- Solucionar aspectos moi mellorables das antigas Pantallas Interactivas, como a calibración, o emprego de canón e, incluso, a non necesidade de empregar un PC a través do sistema OPS integrado no propio panel táctil.
- Conseguir e manter a atención do alumnado de Educación Primaria e facer que a aprendizaxe sexa máis divertido, pois os alumnos poden estar entretidos e estar aprendendo ao mesmo tempo. A capacidade de atención do alumnado sería maior, aumentaría a participación e aprenderían asumindo un rol activo e participativo.
- Facilitar o aproveitamento didáctico de recursos multimedia e dixitais nun contexto de aula, recursos importantes e moi empregados polo profesorado desta etapa educativa e que resultan moi eficaces nestas idades.
- Cunha pantalla de ata 20 puntos de contacto, todos as nenas e nos desta etapa poderían escribir sobre a pizarra de forma simultánea, podéndose escribir ou corrixir varios exercicios ao mesmo tempo, pois a lámina detecta todos os toques de maneira independente, tarefa que non é posible nos PDI que só permiten un ou, como máximo, dous.
Para completar o equipamentos das trece clases, o colexio xestionou a consecución de tres paneles táctiles máis contando coa colaboración de varias editoriais.
A continuación, informamos máis polo miúdo dos detalles deste procedemento:
Orde: 11 de maio de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións públicas, en réxime de concorrencia non competitiva, a centros privados sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para a dotación de aulas dixitais, financiadas polo fondo europeo relativo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia da Unión Europea no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión europea-NextGenerationEU.
Procedemento: SUBVENCIÓNS A CENTROS PRIVADOS SOSTIDOS CON FONDOS PÚBLICOS PARA DOTACIÓN DE MEDIOS DIXITAIS APROPIADOS PARA A ENSINANZA E APRENDIZAXE EN CALQUERA MODALIDADE, PRESENCIAL, A DISTANCIA E MIXTA (ED301K)
Expediente: ED301K-2023/0055
Centro educativo: CPR PLURILINGÚE NOSA SRA DO PILAR
Número total de aulas subvencionadas: 10
Pola modalidade A: 10
Importe da subvención concedida: 27999,4 €