Arranca a segunda parte do programa de intercambio Poznań-Foz. Os alumnos polacos e as súas profesoras aterraron onte e hoxe iniciamos as actividades deseñadas para esta semana que os teremos connosco.Pola mañá, a pesar de que o tempo non acompañou moito, disfrutaron dunha bonita ruta guiada en kayak pola ría. A tarde pasámola en Burela visitando a súa lonxa, os seus productos e mesmo asistimos a unha puxa de marisco! Pasarán a tarde-noite coas súas familias.
PROGRAMA DE INTERCAMBIO COLEXIO DE POZNAN (POLONIA) X2
Hoxe deseñamos actividades dentro do colexio para o noso grupo de españois/polacos de intercambio. Traballamos temas tan variados coma a reciclaxe do papel, a historia dos números, a xeografía da nosa zona e o significado da amizade para os adolescentes. Varias profesoras do noso centro impartiron esas clases en inglés e resultaron ser moi dinámicas! Xantamos no comedor do colexio todos xuntos e adicaron a tarde/noite a activades deportivas e a reunirse coas súas familias.Mañá máis e mellor!
#ocoledoPilarestádeintercambio
PROGRAMA DE INTERCAMBIO COLEXIO DE POZNAN (POLONIA) X3
Seguimos avanzando co noso programa de intercambio .
Comezamos o día cunha andaina dende o Monte do Gozo ata a cidade de Santiago de Compostela, convertíndonos en auténticos peregrinos!
Alí visitamos a zona histórica e visitamos a catedral, con aperta ao Apóstol incluída.
Comemos todos xuntos no Campus universitario e adicamos a tarde a percorrer as rúas da cidade e facernos con algún souvenir.
A tarde-noite disfrutarana coas súas familias.Mañá máis e mellor!
#ocoledoPilarestádeintercambio