O día da paz é unha data importante para reflexionar sobre a importancia da non violencia e da resolución pacífica dos conflitos. Cada ano, o 30 de xaneiro, celebramos o Día Internacional da Paz para lembrar a tod@s a necesidade de traballar xuntos para construír un mundo máis seguro e harmonioso. É importante ter en conta que a paz non é só ausencia de guerra, senón tamén un estado de benestar social, económico e político. Debemos esforzarnos por fomentar a comprensión, o diálogo e o respecto mutuo entre todas as culturas e nacións. Soñar cun mundo en paz e traballar para conseguilo é unha responsabilidade de todos.
Hoxe celebramos o Día Escolar da non Violencia e da Paz, xuntándonos todos e todas no patio e lembramos a necesidade de facerlle fronte á violencia coa tolerancia, o diálogo, a solidariedade e o respecto. Como nos lembraron na lectura do manifesto alumnas de 4º da eso, “…non basta con falar da paz, un debe crer nela e traballar para conseguila…” Sabemos que o traballo que nos queda é moito, pero tamén sabemos que cada paso que vaiamos dando vai achegarnos ao noso obxectivo : vivir en paz.
Paz e ben para todos e todas.