Hoxe celébrase o Día das Letras galegas e adícase a Don Ricardo Carvalho Calero. Aínda que a pandemia do COVID-19 non nos vai deixar homenaxealo como se merece non debemos de deixar de recordalo nesta data.
O profesor e lingüista foi unha persoa de extraordinaria relevancia na cultura e na historia de Galicia, un orador excepcional, que desenvolveu unha traxectoria vital moi vinculada ao galeguismo no pasado século e implicouse activamente nas estratexias de recuperación do noso idioma. Membro da Real Academia Galega, destacou tanto no ámbito da creación literaria como na crítica e na investigación filolóxica, convertíndose en 1972 no primeiro catedrático de Lingua e literatura Galegas.
Deixounos un inmenso legado cultural cultivando todos os xéneros literarios e sendo unha das máis importantes figuras na literatura galega.