No noso Colexio tratamos de aplicar os procesos de ensino de máis proveito para o noso alumnado, tentando sempre que se adapte tanto ás súas necesidades como ás do tempo no que vivimos.
Por esta razón, o profesorado impulsa metodoloxías que fagan que o alumno participe do que aprende. Que se convirta no protagonista da súa propia aprendizaxe. De aquí que se vaian poñendo en marcha métodos e recursos innovadores, como, por exemplo, a dotación das aulas con pizarras dixitais e medios de reproducción audiovisual.
– Contamos cun aula de informática dotada con 28 equipos informáticos coñectados á rede de Internet.
– Dispoñemos de 30 ordenadores portátiles Chrome Book e un carro de carga que o alumnado emprega nas diferentes aulas de Educación Primaria e Educación Secundaria. A conexión a internet realizase mediante WIFI.
– Conexión Internet Fibra 1000 Mb
AULAS DIXITALIZADAS
Todas as aulas dixitalizadas con cañón, ordenador e pizarra dixital.
PROXECTOS E PROGRAMAS IMPLANTADOS
PROXECTO SNAPPET
Snappet consiste nun método dixital con contido curricular para primaria, cuxo obxectivo é facer unha aula efectiva.
A súa plataforma completa contén explicación, práctica con exercicios e seguimento do neno en tempo real a través de tablets que a cada neno se lle facilita para que traballe de forma autónoma e autocorrexíndose.
PROXECTO DIGICRAFT
Promovido pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.
Programa de formación e reforzo de habilidades dixitais e habilidades asociadas a través do xogo e da experimentación.
Este programa está baseado na metodoloxía DigiCraft, unha metodoloxía de aprendizaxe específica baseada en xogos e experimentación a través de tablets para axudar aos nenos a adaptarse á sociedade dixital en rápida evolución e mostrarlles as posibilidades que ofrece o mundo dixital.
METODOLOXÍA PEDAGÓXICA
O profesorado traballa na aula, programando e avaliando por competencias segundo a nova leí vixente LOMCE.