Colexio Nosa Señora do Pilar
Colexio Nosa Sra. do Pilar é un centro confesionalmente católico que se inscribe na misión docente da Igrexa por medio da educación cristiá da nenez e xuventude co estilo franciscano e mariano que lle inspirou a Nai Fundadora Paula Gil.
Consideramos a educación como un proceso harmónico que leve a alcanzar o desenvolvemento integral da persoa.
Potenciamos o traballo intelectual para que cada alumno desenvolva ao máximo as súas capacidades. Formamos na análise e o sentido crítico que os capacite para o discernimento e a toma de decisións. Fomentamos a formación para o tempo libre.