CONCURSO POSTAIS CONCELLO DE FOZ



CONCURSO POSTAIS CONCELLO DE FOZ

O Concello de Foz fixo público o nome dos/as gañadores/as da XV edición do Concurso de Postais de Nadal no que se presentaron un total de 697 postais dos diferentes centros educativos da nosa localidade. Entre os/as diferentes premiados/as atopamos a tres representantes do noso colexio:

– Ayla Gordon Escobar: 1º premio categoría xuvenil.

– Clara Franco Paleo: 2º premio categoría xuvenil.

– Luis Montero Fdez.: 1º premio categoría Infantil B e cuxa postal foi elixida polo xurado para representar ó Concello nas súas felicitacións institucionais.

Ademais, o CPR Plurilingüe A Nosa Sra. do Pilar foi o colexio gañador do premio á Mención Especial deste Nadal 2016.

Adxuntamos as postais gañadoras dos/as nosos/as representantes. Noraboa ós/ás gañadores/as e a todo/as os/as participantes, tanto do noso centro como do resto de centros educativos do Concello de Foz.

 

 


Comments are closed.