Estimadas familias:
Dirixímonos a vostedes para saír ao paso dunhas informacións verquidas no día de onte por unha entidade local na que se ofertan clases de inglés e se prepara a aqueles alumnos interesados en realizar os exames oficiais de Cambridge.
No noso centro levamos xa cinco anos preparando e presentando alumnos para estes exames oficiais. A idea xurdiu como unha iniciativa do propio colexio e en principio para os alumnos de educación primaria, que se presentaban aos primeiros niveis. A partir de aí, dado que estabamos «apostando forte» por esta modalidade de exames, o propio persoal de Cambridge acudiu ao noso centro para ofrecernos a posibilidade de que tamén aquí se puidesen realizar os exames de niveis superiores. Isto favorecería que boa parte do alumnado da Mariña lucense e arredores se puidese centralizar nun lugar do entorno evitando así desprazamentos a cidades coma Lugo ou A Coruña.
Dito isto, queremos puntualizar varios aspectos cos que estamos en total desacordo co exposto onte nun escrito pola entidade local anteriormente mencionada:
1. O noso centro non é centro examinador, senón preparador. O centro examinador para Foz ou para Lugo, por exemplo, é o da Coruña.
2. O feito de que os nosos alumnos gocen dunhas taxas de exame máis reducidas débese a que somos centro BEDA e non a unha especie de «acordo» entre Cambridge e o noso colexio. O ser centro BEDA entraña unha serie de requisitos, todos eles relacionados co traballo a prol do plurilingüismo, que benefician a estes centros. Comezamos sendo unicamente dous na provincia de Lugo e cada ano vanse sumando máis e máis centros de toda España. Na actualidade somos máis de catrocentos, vinte e nove deles de Galicia. Polo tanto todos aqueles alumnos que acudan aos exames (independentemente de onde o fagan), como os preparados polo noso centro, gozarán das vantaxes de seren un centro BEDA.
3. En ningún momento se está autorizado a acceder ás aulas onde se están a efectuar os exames nin, por suposto, aos propios exames, que chegan e saen do colexio totalmente precintados. O noso centro funciona con total neutralidade. A única colaboración que se nos pide é a de ter comprobado previamente que todo está a punto (equipos de son, carteis, reloxos, etc.) para a correcta realización dos exames e estar dispoñibles ao longo desas xornadas ante calquera incidencia que se puidese presentar. A oficialidade coa que se desenvolven estes exames é total.
4. Cambridge ofrece a posibilidade de «emparellar» aos alumnos do xeito que eles/os seus preparadores prefiran para a realización dos exames orais. É posible que uns alumnos se sintan máis cómodos con outros (porque xa se coñecen con anterioridade ou por calquera outro motivo). De feito, esta entidade á que nos referimos así o fixo o primeiro ano que presentou aos seus alumnos no COMUNICADO EXAMES OFICIAIS DE CAMBRIDGE noso centro. Non se entende, pois, que agora diga que unicamente desprazándose a Lugo terían esta opción.
5. Estas datas de realización de exames: o 3 de xuño para KET/PET for schools e FCE e o 6 de xuño para os primeiros niveis STARTERS, MOVERS e FLYERS foron escollidas deliberadamente polo propio centro dado que o mes de xuño é sempre un mes complicado por diversos motivos (excursións de fin de curso, exames de selectividade – que está previsto se celebren entre o 6 e o 16 de xuño de 2017-, exames finais dos colexios/institutos, etc.)
6. Todos os anos se nos oferta a posibilidade de realizar as versións ‘Estándar’ ou ‘For schools’ dos niveis B1 e B2. De feito, temos alumnos que optaron por unha ou outra modalidade. Evidentemente, que haxa máis ou menos convocatorias depende do número de alumnado matriculado, pero é verdade que dende Cambridge xamais nos puxeron trabas nese sentido. A diferenza entre unha ou outra modalidade é que os contidos dos exames ‘For schools’ son máis adaptados á idade dos rapaces e rapazas que se presentan, pero o nivel acreditado é exactamente o mesmo. Isto é o que figura ao respecto na páxina oficial de Cambridge: «Cambridge English: Key (KET) for Schools, Cambridge English: Preliminary (PET) for Schools y Cambridge English: First (FCE) for Schools siguen exactamente el mismo formato que las versiones estándar. El nivel de los exámenes es el mismo y los candidatos serán evaluados en las mismas destrezas. No obstante, el contenido de los exámenes será un poco diferente, ya que las versiones para alumnos en edad escolar están diseñadas específicamente para adaptarse a los intereses y experiencia de dichos candidatos. Los alumnos que superen con éxito los exámenes Cambridge English: Key (KET) for Schools, Cambridge English: Preliminary (PET) for Schools y Cambridge English: First (FCE) for Schools recibirán el mismo certificado aceptado internacionalmente que los candidatos que realicen las versiones estándar de dichos exámenes.»
7. Respecto aos exames dos niveis C1 e C2, dos que esta entidade dicía que non existía convocatoria algunha no noso centro, dicir que o curso pasado un pequeno grupo de alumnos si se presentou aquí ao exame do C1. Aínda que o grupo non sexa numeroso (porque estes niveis xa entrañan unha enorme dificultade), Cambridge nunca se opón a que deixen de realizarse por este motivo. Sen máis, recordar que o feito de que o noso centro fose escollido Centro Preparador da Mariña lucense, non é froito do azar. Isto conseguiuse con esforzo, rigor e resultados. Sempre traballando dende a máis absoluta humildade e dedicación. Ofertando aos nosos alumnos a opción de seren preparados de xeito gratuíto e totalmente desinteresado por parte dos docentes. E que nos permite, ademais, poñer á disposición de todos aqueles alumnos que o desexen, un lugar no que poderen examinarse, evitando desprazamentos innecesarios. E no que cada alumno que se presenta, algo que non é preciso nin salientar por tratarse dunha entidade co rigor e o prestixio da Universidade de Cambridge, concorrerá exactamente nas mesmas condicións.
Este colexio está por riba da recadación e a prol da educación.
Agradecemos, pois, a todos vostedes a confianza depositada en nós ao longo destes anos.
Un saúdo, A dirección.