Prezadas familias,
Os nosos desexos de que todas e todos se atopen ben.
Hoxe comeza a actividade lectiva do mes de maio.
Como ben saben este é un mes moi especial no noso Colexio, pois, é o mes adicado á Virxe e sempre tiñamos algún momento para celebralo todos xuntos.
Este ano polas circunstancias nas que estamos non é posible.
Así, dende o Equipo de Pastoral do Centro queremos enviarlles uha carta ao noso alumnado para que recorden esta Celebración.
Igualmente, e sobre todo para os máis pequenos, mandámoslles unhas fotos do renovado Parque Infantil e dicirlles que os estamos agardando para que poidan desfrutar del.
Finalmente, dende a Residencia de Maiores de Foz, invitan ao alumnado a partcipar no seu concurso ABRAZARTE.
Reciban un cordial saúdo
A dirección