CELEBRACIÓN MAGOSTO 2016



CELEBRACIÓN MAGOSTO 2016

Dentro do plan de actividades a desenvolver neste mes de novembro está programado realizar un
magosto o vindeiro xoves día 10 pola tarde, celebrando a festividade do San Martiño.
Así pois para poder levar a cabo esta actividade pedimos que cada alumno/a aporte un puñado de
castañas. Importante!!!, amozcadas (“picadas”), para que non rebenten ao asalas
Ademais do magosto realizaranse actividades relacionadas con este tema nas que participará todo
o alumnado.
Estes últimos anos o profesorado e mais o alumnado de 4º de ESO viñan ataviados con roupa
axeitada para a celebración e o resto dos rapaces suxerían poder facelo tamén.
Así, para que este día sexa unha celebración especial decidimos que de xeito voluntario todo
alumnado poida traer complementos adecuados a esta conmemoración:
Nenas/rapazas
• Pano para a cabeza
• Mandil/mantela
• Mantelo (“delantal”)
Nenos/rapaces
• Boina/gorra
• Chaleco
A celebración será o xoves pola tarde, así que todos os que decidan levar roupa especial, deberán
traela nunha mochila/bolsa e poñela no momento da actividade.
Ese día tod@s virán en uniforme (incluso aqueles cursos que lles correspondía chándal)
Agardando sexa do seu agrado esta iniciativa, enviámoslles un atento saúdo,
PROFESORADO DO COLEXIO DO PILAR

 

 


Comments are closed.