O pasado día 11 de maio celebrouse no noso centro o Campionato Provincial de Xadrez. O noso colexio clasificara para esta cita nove equipos, despois da disputa das tres xornadas da fase comarcal desta modalidade. Durante toda a xornada os/as nosos/as axedrecistas estiveron a dar o máximo posible en cada partida, disputando varias quendas e competindo e convivindo con outros/as nenos/as de diferentes colexios, escolas e clubes de xadrez da provincia. Unha vez rematada a competición os resultados acadados foron os seguintes:
BENXAMÍN FEMININO
O Pilar 1: segunda posición.
O Pilar 2: cuarta posición.
BENXAMÍN MIXTO: cuarta posición.
ALEVÍN FEMININO:
O PIlar 1: primeira posición / campionas provinciais.
O Pilar 2: terceira posición.
INFANTIL FEMININO:
O Pilar 1: Primeira posición / campionas provinciais.
O Pilar 2: segunda posición / subcampionas provinciais.
INFANTIL MIXTO: cuarta posición.
CADETE FEMININO: segunda posición / subcampionas provinciais.
Moitísimas felicidades a todo/as e moitas gracias polo voso compromiso e esforzo. Noraboa tamén aos outros colexios e clubes da Mariña pola súa actuación neste Campionato Provincial.