Dispoñemos dunha biblioteca con 3200 volúmenes divididos en diferentes categorías. A xestión da mesma realizase a través dunha base de datos que nos permite realizar de forma eficaz o servizo de préstamos e de control dos distintos exemplares deste servizo escolar.
DÍA DA BIBLIOTECA
Onte celebramos no centro o Día da Biblioteca, que se conmemora a nivel internacional dende 1997 a proposta da Asociación Española de Amigos do Libro Infantil e Xuvenil co obxectivo de trasladar á opinión pública a importancia da biblioteca como lugar de encontro de lectores de todas as idades coa cultura. Varios grupos de Educación Primaria visionaron vídeos relacionados con este día e visitaron a biblioteca do centro para realizar diferentes actividades relacionadas coa lectura e a búsqueda de información.
«Para viajar lejos, no hay mejor que un libro». Emily Dickinson
REFORMA BIBLIOTECA ESCOLAR
Outras das novidades deste curso foi a reforma da biblioteca do noso centro. Durante este verán pintáronse as paredes, colocáronse estores para protexer os exemplares da luz do sol e aumentáronse as estanterías para a organización de libros, revistas, manuais e demais material de lectura e consulta. Dende hoxe o alumnado xa pode facer uso desta instalación do colexio no que poden consultar, intercambiar e solicitar o préstamo das numerosas obras a través da base de datos da mesma.
O noso centro quere seguir fomentando o hábito e o gusto pola lectura como medio de disfrute personal e como mellora da lectoescritura e a comprensión lectora. Agardemos que o alumnado siga tendo a mesma ilusión por disfrutar da biblioteca escolar como neste primeiro día.
COÑECENDO A GLORIA FUERTES
O pasado xoves 27 de abril celebramos cos máis pequenos do colexio (Infantil e 1º, 2º e 3º de Educación Primaria) o acto de celebración do Día do Libro que este ano, como ben saben, adicamos á figura de Gloria Fuertes co gallo do centenario do seu nacemento.
Primeiramente, os/as alumnos/as de 3º de Educación Primaria recitaron e escenificaron varios poemas de Gloria Fuertes como “Todo está en su sitio”, “Mi cara”, “Dentro de una pera” e “Con un cero».


O pasado venres 28 de abri, a primeira hora da mañá celebramos co alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria e toda a Secundaria o acto do Día do Libro (co resto dos cursos xa se celebrara o día anterior).
Primeiramente, o director do colexio fixo unha pequena introducción na que insistiu na importancia de adquirir hábito de lectura e na que introduciu a figura de Gloria Fuertes, escritora á que se adicou a Semana do Libro no noso colexio.
Posteriormente, proxectáronse tres vídeos:
– “Conociendo a Gloria Fuertes”. Duración: 3´10´´
Breve repaso á vida e obra desta escritora madrileña e das súas colaboracións en diferentes revistas e programas de televisión.
– “En memoria de Gloria Fuertes: nuestra poeta de guardia”. Duración:4´36´´
Vídeo homenaxe a esta escritora entrañable e cercana, que polo seu carisma, valentía, sensibilidade e personalidade forma parte importante dos recordos da infancia, da rebeldía adolescente e dos momentos entrañables da nosa vida.
– Entrevista a Gloria Fuertes. Duración: 5´13´´
Entrevista realizada en 1997 en TVE sobre a edición de “Aldea poética” que tiña como lema “la poesía une” e coa que pretendía fomentar entre a xuventude a lectura e o cultivo da poesía.
Como colofón Belén Otero, alumna de 3º ESO, leu o famoso poema «No perdamos el tiempo» da escritora madrileña. ?
?
?
«El poema tiene que pellizcar, acariciar«. Gloria Fuertes.
Acto Día do Libro 4º, 5º 6º e ESO.
Acto Día do Libro 4º, 5º 6º e ESO
SEMANA DO LIBRO
Continuando coas actividades programadas para a Semana do Libro, hoxe quixemos acercar a lectura ó alumnado de Primaria na súa hora de recreo. A resposta dos/as rapaces/as foi mellor do agardado, de modo que en pouco tempo xa estaban todos os libros “sendo devorados” polos/as alumnos/as desta etapa. Repetiremos durante todos os recreos desta semana.
Mañá presentarémosvos polo miúdo a un axudante moi especial, sin o cal isto non sería posible.
Tamén estamos a preparar un mural con diferentes poemas de Gloria Fuertes escritos polos/as alumnos/as de Primaria que permanecerá exposto na entrada do colexio. No mesmo lugar temos un expositorio con diferentes obras desta autora madrileña para ser consultadas polo alumnado. ?
?
No noso colexio cada día gústanos máis a lectura.
RECOMENDACIÓNS DE LIBROS POR PARTE DOS ALUMNOS DENTRO DAS ACTIVIDADES PROGRMADAS PARA A SEMANA DO DÍA DO LIBRO
A nosa mascota Pilarín acompaña dende hai xa unhos anos a todos eses rapaces e rapazas que queren introducirse neste mundo fascinante da lectura.
Dispoñemos dunha bilioteca con 1.796 exemplares de obras de diferente temática e xénero literario.