BELÉN 2019



BELÉN 2019

Un ano máis cobra protagonismo Sor Sara que coa axuda de outras persoas, desinteresadamente volveron a montar o noso xa tradicional Belén navideño.

Unha montaxe digna de ver onde se amosa o traballo tan laborioso co que unha vez máis nos sorprende a nosa querida relixiosa.

O primeiro Belén montouno San Francisco, e seguindo a tradición do noso irmán, o noso colexio franciscano, quere dalgún xeito facer unha homenaxe a esta figura tan importante para esta comunidade educativa.

Grazas un ano máis, Sor Sara, polo seu cariño, traballo e ilusión para agradarnos os sentidos con este Belén.

Dende a comunidade educativa do Colexio do Pilar quedan convidados a que se pasen polo centro para deleitarse con esta obra.

Belén 2019

 

 


Comments are closed.