As novas tecnoloxías constitúen unha ferramenta fundamental na metodoloxía educativa empregada no noso centro. É indudable, que dende uns anos estamos asistindo a un cambio na forma de ensinar e de aprender que debe adaptarse ao entorno tecnolóxico no que vivimos e que supón un cambio importante para as nenas e os nenos.
No noso centro somos conscientes desta realidade, de maneira que continuamente estamos a reciclarnos e a aprender como podemos empregar as novas tecnoloxías como recurso para mellorar a aprendizaxe e a motivación do noso alumnado.
Nestes días o profesorado do colexio estamos a aprender a empregar diversas ferramentas informáticas que favorezan o o diseño e a creación de contidos dixitais que axuden á aprendizaxe e á consolidación de coñecementos e contidos nas diferentes materias do currículum.