Programa Madrugadores


Como ben saben, o noso centro leva varios anos ofertando ás familias o Programa Madrugadores co obxectivo de axudar a conciliar a vida familiar e laboral de pais e nais do noso alumnado e que, en consecuencia, supón unha ampliación do horario de apertura do noso colexio dende as 8:00 horas nos días lectivos. Este é un servizo totalmente gratuito que responde ao compromiso da Entidade Titular, Equipo Directivo e profesorado deste centro por servir de axuda ás familias que comezan a súa xornada laboral antes do inicio das clases e que, como non pode ser doutra forma, desexan mellorar os servizos en función das novas necesidades que vaian xurxindo.