Seguemento de eventos deportivos


Para o colexio a práctica deportiva é fundamental. Por iso, ao longo do ano, participamos en múltiples eventos deportivos de disciplinas variadas.

Aquí daremos conta da nosa participación e resultados.

 

“O DEPORTE FORXA PERSOAS PARA A VIDA”

 

TEMPADA 2018/2019 PROGRAMA XOGADE

 

CAMPIONATO GALEGO DE CAMPO A TRAVÉS

 

Esta fin de semana celebrouse na localidade ourensá de Pereiro de Aguiar o Campionato Galego de Campo a Través. O noso centro estivo representado nesta cita deportiva por dous atletas que conseguiran o seu pase individual no Campionato Provincial e que competiron de forma admirable nesta importante cita do deporte galego, xunto con outros/as atletas de colexios, entidades e clubes de atletismo de toda a comunidade galega.

Desde o noso colexio queremos felicitar de forma especial a Julia Fdez. e Miguel Fdez. polo gran papel realizado e, en xeral, a todos/as os/as participantes deste Campionato Galego de Campo a Través. Parabéns!

Campionato Galego Campo A Través

Campionato Galego Campo A Través

 

2ª XORNADA CAMPIONATO COMARCAL XADREZ

 

O sábado celebrouse no colexio Martínez Otero de Foz a segunda xornada do Campionato Comarcal de Xadrez, no que o noso centro estivo representado por 52 axedrecistas. Ó longo da mañá os/as nosos/as representantes disputaron varias quendas (categoría benxamín e alevín, tres; infantil e cadetes, dúas) con moita motivación e ilusión, intentando facelo o mellor posible en cada unha das súas partidas. Do mesmo xeito, gozaron dunha oportunidade única para convivir con rapaces/zas da mesma idade doutros colexios, entidades e clubes desta modalidade deportiva.

O vindeiro 23 de marzo organizaremos no noso centro a derradeira xornada de este Campionato Comarcal, na que se decidirán os resultados e clasificacións finais.

Moitas gracias a todos/as polo voso compromiso e esforzo!

2ª Xornada Campionato Comarcal Xadrez

2ª Xornada Campionato Comarcal Xadrez

 

 

 

8ª XORNADA XOGADE

 

O sábado pola mañá dispotouse outra nova xornada de fútbol-sala e baloncesto. Os resultados acadados foron os seguintes:
Fútbol-sala infantil: ED. Valadouro 0 – O Pilar 4
Baloncesto benxamín: M. Otero 15 – O Pilar 45

8ª Xornada Xogade

 

 

CAMPIONATO PROVINCIAL VILALBA 2019

 

O pasado domingo pola mañá dasprazámonos ata Vilalba para disputar o campionato provincial de campo a través. O colexio acudiu con un equipo alevín feminino e dous atletas que participaron individualmente. Os resultados foron moi positivos acadando un primeiro posto, Miguel Fernández, un terceiro, Julia Fernández e un quinto posto, Mateo Penabad. O 16 de febreiro celebrarase no complexo deportivo de Monterrei en Ourense o campionato galego. Moita sorte para Miguel e Julia que nos representarán nesta proba.
Noraboa a todos os participantes e a seguir disfrutando do deporte.

Campionato Provincial Campo A través Vilalba 2019

Campionato Provincial Campo A Través Vilalba 2019

 

 

7ª XORNADA XOGADE

 

O sábado pola mañá dispotouse outra nova xornada de fútbol-sala e baloncesto. Os resultados acadados foron os seguintes:

Fútbol-sala infantil: ED. Lourenzá 1 – O Pilar 0

Baloncesto alevín: M. Otero 19 – O Pilar 49

7ª Xornada Xogade

7ª Xornada Xogade

 

 

 

 

CAMPIONATO COMARCAL XADREZ

 

Hoxe pola mañá celebrouse no pavillón Os Castros de Burela a primeira xornada do Campionato Comarcal de Xadrez. Nesta primeira quenda o noso centro estivo representado por 54 axedrecistas que están a competir nas diferentes categorías desta modalidade deportiva. No mes de febreiro disputarase a segunda xornada.

Moita sorte e a seguir gozando do deporte.

Campionato Comarcal Xadrez 2019

Campionato Comarcal Xadrez 2019

 

 

CAMPIONATO COMARCAL CAMPO A TRAVÉS

O domingo pola mañá disputouse o campionato comarcal de campo a través. Destacamos a gran cantidade de participantes que representaron ao colexio así como os grandes resultados obtidos nesta proba.

Campionato Comarcal Campo a Través

XORNADA XOGADE

O sábado pola mañá dispútaronse os partidos pertencentes á 6ª xornada de deporte escolar cos seguintes resultados :

Baloncesto alevín : M. Otero 34 – O Pilar 63

Fútbol-sala alevín: O Pilar 1 – F.S. Ribadeo  1

Fútbol-sala infantil : O Pilar 1 – F.S. Ribadeo  0

Noraboa a todos os participantes e a seguir disfrutando do deporte.

6ª Xornada Xogade

 

 

PROBA PREPARATORIA CAMPO A TRAVÉS

Hoxe pola mañá disputouse outra proba de campo a través antes da proba clasificadora. Destacamos a gran cantidade de participantes que representaron ao colexio así como os grandes resultados obtidos nesta proba.

2ª Proba Preparatoria Campo A Través

 

XORNADA XOGADE

Onte pola mañá dispútaronse os partidos pertencentes á 5ª xornada de deporte escolar cos seguintes resultados :

Baloncesto alevín : AD. Xove 37 – O Pilar 42

Fútbol-sala alevín: O Pilar 4 – Burela 0

Fútbol-sala infantil : O Pilar 2 – Burela 0

Noraboa a todos os participantes e a seguir disfrutando do deporte.

5ª Xornada Xogade

 

XORNADAXOGADE

Onte pola mañá dispútaronse os partidos pertencentes á 4ª xornada de deporte escolar cos seguintes resultados :

Baloncesto alevín : O Pilar 40 – C.B. Viveiro 24

Fútbol-sala alevín: Barreiros 4 – O Pilar 0

Fútbol-sala infantil : Barreiros 1 – O Pilar 3

Noraboa a todos os participantes e a seguir disfrutando do deporte despois do parón navideño. 

4ª XORNADA XOGADE

3ª XORNADA XOGADE

Fin de semana intenso en actividades deportivas. O sábado pola mañá dispútaronse os partidos correspondentes á 3ª xornada de deporte escolar tanto de Fútbol-sala coma de baloncesto obtendo os seguintes resultados :

Baloncesto benxamín : C.B. Celtas 18 – O Pilar 32

Fútbol-sala alevín : O Pilar 1 – Celeiro 1

Fútbol-sala infantil : O Pilar 4 – Valadouro 0.

E hoxe á mañá disputouse a 1ª proba preparatoria de campo a través na que se acadaron resultados moi positivos destacando un primeiro posto, un terceiro e varios diplomas. 

Noraboa a todos e todas as participantes.

3ª Xornada Deporte Xogade

3ª Xornada Deporte Xogade

 

XORNADA XOGADE

Onte sábado 24 de novembro disputouse a 2ª xornada de deporte escolar cos seguintes resultados :

Fútbol-sala infantil : O Pilar 1 – E.D. Lourenzá 1

Baloncesto benxamín : O Pilar 30 – M. Otero 27

Baloncesto alevín : O Pilar 57 – M. Otero 18

Noraboa a todos. A seguir adestrando.

2ª Xornada Deporte Xogade

2ª Xornada Deporte Xogade

1ª XORNADA XOGADE

Hoxe á maña rematou a primeira xornada de baloncesto e fútbol-sala de deporte en idade escolar cos seguintes resultados :
Baloncesto alevín mixto, O Pilar 18 – M. Otero 35
Baloncesto benxamín mixto, O Pilar 30 – M. Otero 13
Fútbol-sala alevín, Ribadeo 2 – O Pilar 1
Fútbol-sala infantil, Ribadeo 1 – O Pilar 2.

Noraboa a todos e todas as participantes da seguir disfrutando do deporte

1ª Xornada Programa XOGADE

1ª Xornada Programa XOGADE

 

 

TEMPADA 2017 /2018 PROGRAMA XOGADE

 

CAMPIONATO PROVINCIAL DE ATLETISMO

Onte, 20 de maio, celebrouse en Lugo o Campionato Provincial de Atletismo en Pista, no que o noso colexio estivo representado por 20 atletas . Foi unha xornada intensa, de moita calor e na que os/as nosos/as deron o mellor de sí. En total conseguiron 8 medallas repartidas en 3 ouros, 2 pratas e 3 bronces. Ademais, varios atletas nos representarán no Campionato Galego de Atletismo a celebrar no Estadio da Xuventude de Pontevedra. Os/as nosos/as nenos/as e o deporte seguen a darnos grandes alegrías.

OUROS:

1º posto 50 metros lisos benxamín feminino.
1º posto pelota benxamín feminino
1º posto 60 metros lisos alevín feminino.

PRATAS:

2º posto provincial en pelota alevín masculino.
2º posto provincial en peso benxamín masculino.

BRONCES:

3º posto provincial en lanzamento de disco infantil masculino.
3º posto provincial en 1000 metros liso infantil masculino.
3º posto provincial en pelota benxamín masculino.

Noraboa a todos/as polo voso esforzo e compromiso.

Ranking Atletismo Campionato Galego

Fotos Campionato Provincial Atletismo 2018

 

CAMPIONATO PROVINCIAL XADREZ

Onte sábdo 12 de maio celebrouse en Lugo o Campionato Provincial de Xadrez. O noso centro clasificara para esta cita sete equipos para un total de 26 representantes do noso colexio que asistiron a esta cita deportiva. Durante toda a xornada os/as nosos/as axedrecistas estiveron a dar o máximo posible en cada partida, disputando varias quendas e competindo contra outros/as nenos/as de diferentes colexios, escolas e clubes de xadrez. Unha vez rematada esta xornada os resultados acadados foron os seguintes:

BENXAMÍN FEMININO
O Pilar 1: primeira posición e campionas provinciais.
O Pilar 2: Segunda posición / subcampionas provinciais.

BENXAMÍN MIXTO: terceira posición.

ALEVÍN FEMININO: Segunda posición / subcampionas provinciais.

INFANTIL FEMININO: Segunda posición / subcampionas provinciais.

INFANTIL MIXTO: terceira posición.

Moitísimas felicidades a todo/as e moitas gracias polo voso compromiso e esforzo. Noraboa tamén aos outros colexios e clubes da Mariña pola súa actuación neste Campionato Provincial.

Fotos Campionato Provincial Xadrez 2018

PROVINCIAL TENIS DE MESA

Excelente actuación de todos/as os/as nosos/as representantes no Campionato Provincial de Tenis de Mesa celebrado hoxe, 6 de maio, en Vilalba. Ademáis da nutrida representación (40 nenos/as para un total de 17 equipos) que se desprazou ó Pavillón Municipal desta cidade, destacamos principalmente as ganas e a ilusión coas que afrontaron esta importante cita deportiva. Ademáis, sete destes equipos subiron ó podio durante esta xornada e, incluso, un dos nosos equipos logrou situarse no peldaño máis alto do mesmo, proclamándose campión provincial. Os resultados máis destacables foron os seguintes:

BENXAMÍN FEMININO
O Pilar 1: primeira posición e campionas provinciais.
O Pilar 2: segunda posición
O Pilar 3: terceira posición

BENXAMÍN MIXTO
O Pilar 1: segunda posición
O Pilar 2: terceira posición

ALEVÍN FEMININO
O Pilar 1: terceira posición

ALEVÍN MIXTO
O Pilar 1: segunda posición

INFANTIL MASCULINO
O Pilar 1: cuarta posición

Moitísimas felicidades ós/ás 40 deportistas que hoxe representaron ó noso centro. Gracias! Todos sodes campións!

Fotos Provincial Tenis de Mesa

PREPARATORIA CAMPIONATO PROVINCIAL ATLETISMO

Onte domingo 29 de abril celebrouse en Lugo a preparatoria para o campionato provincial de atletismo na que o colexio participou con préto de 30 atletas. Un día marcado pola mala climatoloxía. Soamente dar as grazas a tódolos rapaces que non perderon a ilusión e as gañas por competir.
O vindeiro 20 de maio celebrarase o Campionato Provincial.
Ánimo e a seguir disfrutando desta modalidade deportiva.

Para saber os resultados obtidos polos nosos e nosas atletas prema na seguinte ligazón:

Resultados Preparatoria Campionato Provincial Atletismo

Preparatoria Campionato Provincial Atletismo

CAMPIONATO COMARCAL DE XADREZ DA MARIÑA

Hoxe sábado 28 celebrouse en Burela a derradeira xornada do Campionato Comarcal de Xadrez da Mariña.

Representaron ao noso Colexio máis de cincuenta axedrecistas en todas as categorías.

Destacar a todos eles polo seu enorme esforzo, tanto á hora de participar como de competir.

A nivel de resultados, unha vez elaboradas as clasificacións tendo en conta as tres xornadas, os nosos equipos remataron como:

  • Campionas comarcais/medalla de ouro (4 EQUIPOS) : BENXAMÍN FEMININO, ALEVÍN FEMININO, INFANTIL FEMININO e CADETE FEMININO.
  • Subcampións comarcais/medalla de prata (2 EQUIPOS) : BENXAMÍN MIXTO e  INFANTIL MIXTO.
  • Terceiros/as clasificados/as e medalla de bronce (2 EQUIPOS): BENXAMÍN FEMININO e CADETE MIXTO.

Noraboa a todos os participantes.

Fotos Campionato Comarcal Xadrez A Mariña 2018

 

SEGUNDA XORNADA COMARCAL TENIS DE MESA

O pasado sábado disputouse no Pavillón Novo de Ribadeo a segunda e derradeira xornada do Campionato Comarcal de Tenis de Mesa. O noso centro participaba con 54 deportistas que representaron ó noso colexio en todas as categorías. Esta numerosa representación veuse refrendada pola grande ilusión e o excelente rendemento dos/as rapaces/as que, ademais, lograron uns magníficos resultados:

BENXAMÍN FEMININO
O Pilar 2: primeira posición e campionas comarcais
O Pilar 1: segunda posición
O Pilar 4: terceira posición

BENXAMÍN MIXTO
O Pilar 1: primeira posición e campións comarcais.

ALEVÍN FEMININO
O Pilar 5: primeira posición e campionas comarcais
O Pilar 6: terceira posición
O Pilar 1: terceira posición

ALEVÍN MIXTO
O Pilar 2: segunda posición

INFANTIL MASCULINO
O Pilar 1: segunda posición

CADETE MIXTO
O Pilar 1: Segunda posición

Noraboa a e seguir disfrutando do deporte.

Segunda Xornada Comarcal Tenis de Mesa

PRIMEIRA XORNADA COMARCAL TENIS DE MESA

Esta fin de semana comezou outra das actividades deportivas na que participa o noso centro: o tenis de mesa. Na Pavillón Novo de Ribadeo celebrouse a primeira xornada do Campionato Comarcal desta modalidade deportiva de gran aceptación no noso colexio. Un total de 54 deportistas representaron ó noso centro nunha xornada que rematou ás 15.00 horas. A seguinte xornada terá lugar o vindeiro sábado , 21 de abril, no mesmo escenario. Moitísima sorte e a seguir disfrutando do deporte!

Primeira Xornada Comarcal Tenis de Mesa

 

SEGUNDA XORNADA COMARCAL XADREZ

Onte á mañá disputouse no colexio Martínez Otero de Foz a segunda xornada do Campionato Comarcal de Xadrez. O noso centro estivo representado por 48 axedrecistas, que están a xogar con moita ilusión e gran motivación para poder optar polas medallas en xogo. A vindeira e derradeira xornada terá lugar no Pavillón dos Castros de Burela, organizada polo clube de xadrez “Reyes y Peones”, o vindeiro sábado, 28 de abril. Moita sorte a todos/as e gracias polo voso esforzo!

Segunda Xornada Comarcal Xadrez 2018

Segunda Xornada Comarcal Xadrez 2018

 

RESULTADOS XORNADA 14 DEPORTE EN IDADE ESCOLAR

Esta fin de semana celebrouse a xornada 14 e última do Deporte Escolar nas modalidades de fútbol sala e baloncesto. Os resultados foron os seguintes:

FÚTBOL SALA BENXAMÍN
O Pilar 3 Santiago de Foz B 3

FÚTBOL SALA INFANTIL
O Pilar 3 Cidade de Viveiro B 3

BALONCESTO BENXAMÍN
Martínez Otero 40 Agrupación O Pilar 20
Celtas Foz 15 O Pilar 32

BALONCESTO ALEVÍN
Martínez Otero 35 O Pilar 25

Gracias a todos/as polo voso compromiso e esforzo ó longo de toda a tempada e a seguir disfrutando do deporte.

Resultados Xornada 14 Programa Xogade

 

 

PRIMEIRA XORNADA COMARCAL XADREZ

O pasado sábado pola tarde o noso centro organizou a primeira xornada do Campionato Comarcal de Xadrez, que se celebrou no pavillón do noso colexio e no que se reuniron máis de cento vinte axedrecistas pertecentes a sete entidades deportivas. Os/as nosos/as representantes están a loitar cada unha das partidas e nas seguintes xornadas a celebrar no mes de abril intentaremos mellorar un pouquiño máis. Ánimo e a seguir disfrutando do deporte!

1ª Xornada Comarcal Xadrez

 

RESULTADOS XORNADA 13 DEPORTE EN IDADE ESCOLAR

Esta fin de semana celebrouse a xornada 13 do deporte escolar. Os resultados dos nosos equipos de fútbol sala e baloncesto foron os seguintes:

FÚTBOL SALA BENXAMÍN
EDM Valadouro 3 O Pilar 8

FÚTBOL SALA ALEVÍN
EDM Valadouro 2 O Pilar 1

FÚTBOL SALA INFANTIL
EDM Alfoz 2 O Pilar 9

BALONCESTO BENXAMÍN
O Pilar 11 Martínez Otero 23
Agrupación O Pilar 19 Celtas Foz 26

BALONCESTO ALEVÍN
O Pilar 22 Celtas Foz 35

Gracias a todos/as polo voso compromiso e esforzo.

Resultados Xornada 13 Programa Xogade

RESULTADOS XORNADA 12 DEPORTE EN IDADE ESCOLAR

A pasada fin de semana celebráronse os partidos de fútbol sala e baloncesto corrrespondentes á xornada 12 do deporte en idade escolar. Os resultados dos equipos do noso colexio foron os seguintes:

FÚTBOL SALA ALEVÍN
O Pilar 0 Muebles Huertas Lourenzá 8

FÚTBOL SALA INFANTIL
O Pilar 1 Maderas Barcia Lourenzá 8

BALONCESTO BENXAMÍN
O Pilar 12 Martínez Otero 36

BALONCESTO ALEVÍN
O Pilar 32 Martínez Otero 48

Noraboa a todos/as e gracias polo voso esforzo e entusiasmo.

Resultados Xornada 12 Programa Xogade

 

SEMANA BRANCA LEITARIEGOS 2018

A pasada semana deixamos a costa pola montaña para disfrutar do deporte do esquí. Unos días nos que entre as clases diarias de esquí , visitas coma ao Centro de Interpretación do Urogallo, talleres varios, cine e xogos disfrutamos duns días estupendos onde o bo ambiente, o compañeirismo, a convivencia,…marcaron unhas xornadas inesquecibles. Bo clima e boas actitudes é igual á éxito. Dende o colexio queremos darlles as grazas aos rapaces e rapazas polo seu exemplar comportamento, monitores de esquí, a Roberto pola súa amabilidade e comprensión do albergue Gines de los Ríos, a Javi, pola súa inacabable paciencia e axuda, e a país e nais pola súa colaboración.  Por todo isto é máis, GRAZAS.

 

DATAS DE TENIS DE MESA E XADREZ

Informamos das datas das xornadas de Tenis de Mesa e Xadrez aprobadas na reunión da Agrupación Deportiva A Mariña. A medida que nos vaiamos acercando a estas datas iremos informando de forma máis concreta.

TENIS DE MESA

Sábado, 14 de ABRIL en Ribadeo.
Sábado, 21 de ABRIL en Ribadeo.

XADREZ

Sábado, 10 de MARZO no colexio O Pilar de Foz.
Sábado, 7 de ABRIL no colexio Martínez Otero de Foz.
Sábado, 28 de ABRIL en Burela.

Datas Tenis de Mesa e Xadrez

RESULTADOS XORNADA 11 DEPORTE EN IDADE ESCOLAR

A pasada fin de semana dous dos nosos equipos de fútbol sala xogaron os partidos correspondentes á xornada 11 do deporte en idade escolar. Os resultados foron os seguintes:

FÚTBOL SALA ALEVÍN
O Pilar 5 ACD Xove

FÚTBOL SALA INFANTIL
O Pilar 0 ACD Xove 6

Noraboa a todos/as e gracias polo voso esforzo e entusiasmo.

Resultados Xornada 11 Programa Xogade

 

RESULTADOS XORNADA 10 DEPORTE EN IDADE ESCOLAR

O pasado sábado celebráronse os partidos de fútbol sala e baloncesto corrrespondentes á xornada 10 do deporte en idade escolar. Os resultados dos equipos do noso colexio foron os seguintes:

FÚTBOL SALA BENXAMÍN
Ribadeo FS 1 O Pilar 4

FÚTBOL SALA ALEVÍN
Ribadeo FS 3 O Pilar 1

FÚTBOL SALA INFANTIL
Ribadeo FS 5 O Pilar 2

BALONCESTO ALEVÍN MIXTO
O Pilar 42 Terras da Mariña Lourenzá 12

Noraboa a todos/as e gracias polo voso esforzo e entusiasmo.

Resultados Xornada 10 Programa Xogade

 

PROVINCIAL CAMPO A TRAVÉS

O frío día e os comprensibles compromisos carnavalescos non impediron que o noso centro tivese  representación no Campionato Provincial de Campo a Través que se celebrou en Vilaba e que fora aprazado No seu día polas adversas condicións meteorolóxicas. Ó longo da mañá disputáronse as diferentes probas atléticas nas que os/as nosos/as representantes competiron co máximo esforzo e ilusión a pesares das baixas temperaturas reinantes en terras chairegas. Moitas gracias, rapaces/as! Sodes fabulosos/as!

Provincial Campo A Través Vilalba 2018

 

RESULTADOS XORNADA 9 DEPORTE EN IDADE ESCOLAR

A pasada fin de semana celebráronse os partidos de fútbol sala corrrespondentes á xornada 9 do deporte en idade escolar. Os resultados dos equipos do noso colexio foron os seguintes:

FÚTBOL SALA BENXAMÍN
O Pilar 2 EDM Barreiros 3

FÚTBOL SALA ALEVÍN
O Pilar 1 EDM Barreiros 3

FÚTBOL SALA INFANTIL
O Pilar 2 Celeiro FS 2

Noraboa a todos/as e gracias polo voso esforzo e entusiasmo.

Resultados Xornada 9 Programa Xogade

RESULTADOS XORNADA 8 DEPORTE EN IDADE ESCOLAR

Esta fin de semana celebráronse os partidos de baloncesto e fútbol sala corrrespondentes á xornada 8 do deporte en idade escolar. Os resultados dos equipos do noso colexio foron os seguintes:

FÚTBOL SALA BENXAMÍN
Burela FS 2 O Pilar 3

FÚTBOL SALA ALEVÍN
Burela FS 0 O Pilar 3

FÚTBOL SALA INFANTIL
Burela FS 1 O Pilar 3

BALONCESTO BENXAMÍN MIXTO
O Pilar 30 Martínez Otero 12

BALONCESTO ALEVÍN
O Pilar 50 EDM Valadouro 4

Noraboa a todos/as e gracias polo voso entusiasmo e esforzo.

Resultados Xornada 8 Programa Xogade

Resultados Xornada 8 Programa Xogade

 

CAMPIONATO COMARCAL DE CAMPO A TRAVÉS

O pasado domingo 21 de xaneiro disputouse no campo de fútbol de Santa Cruz de Lourenzá o Campionato Comarcal de Campo a Través por equipos. O noso colexio acudía a este evento deportivo representado por 35 atletas (cinco equipos), que nos ofreceron unha espléndida actuación gracias ó esforzo e compromiso demostrados en todas e cada unha das probas.Non podemos estar máis orgullosos de todo/as eles/as! Debemos destacar a obtención de tres podios individuais, un campionato comarcal, cinco podios por equipos e, en consecuencia, a clasificación de catro dos nosos equipos para o Campionato Provincial.

CADETE MASCULINO: Campións comarcais

BENXAMÍN FEMININO: subcampións comarcais

ALEVÍN FEMININO: subcampións comarcais

ALEVÍN MASCULINO: subcampións comarcais

INFANTIL MASCULINO: terceira posición

O equipo cadete masculino, benxamín feminio, alevín feminio e alevín masculino representarán ó noso centro no Campionato Provincial que terá lugar en Vilaba o vindeiro catro de febreiro.

Noraboa a todos/as polo vosa ilusión, polo voso esforzo e por estes excelentes resultados. Grazas!

Campionato Comarcal Campo a Través 2018

RESULTADOS XORNADA 7 DEPORTE EN IDADE ESCOLAR

Na mañá do pasado sábado celebráronse os partidos de baloncesto e fútbol sala corrrespondentes á xornada 7 do deporte en idade escolar.

Os resultados da xornada de hoxe foron os seguintes:

FÚTBOL SALA BENXAMÍN
Santiago de Foz B 2 O Pilar 4

FÚTBOL SALA ALEVÍN
Santiago de Foz 7 O Pilar 3

FÚTBOL SALA INFANTIL
Cidade de Viveiro FS 2 O Pilar 6

BALONCESTO BENXAMÍN MIXTO
O Pilar 28 CB Celtas 9
Agrupación O Pilar 12 Martínez Otero 17

BALONCESTO ALEVÍN
Agrupación O Pilar 31 Martínez Otero 16

Noraboa a todos/as e gracias polo voso entusiasmo e esforzo.

Resultados Xornada 7 Programa Xogade

 

RESULTADOS XORNADA 6 DEPORTE EN IDADE ESCOLAR

Esta fin de semana disfrutamos dunha dobre xornada deportiva coa participación de numerosos representantes do noso colexio.

O sábado á mañá disputouse a xornada 6 do deporte en idade escolar na que os nosos tres equipos de fútbol sala disputaron os seus partidos no noso pavillón. Os resultados foron os seguintes:

FÚTBOL SALA INFANTIL
O Pilar 5 EDM Alfoz 1

FÚTBOL SALA ALEVÍN
O Pilar 4 EDM Valadouro 4

FÚTBOL SALA BENXAMÍN
O Pilar 5 EDM Valadouro 3

Por outro lado, esta mañá celebrouse a segunda quenda preparatoria do campo a través no estadio de fútbol de Santa Cruz, na que o noso colexio estivo representado por máis de 30 corredores/as. O vindeiro domingo, 21 de xaneiro, disputarase a final deste campionato neste mesmo circuito.

Noraboa a todos/as e gracias polo voso entusiasmo e esforzo.

Resultados Xornada 6 Programa Xogade

Resultados Xornada 6 Programa Xogade

 

 

RESULTADOS XORNADA 5 DEPORTE EN IDADE ESCOLAR

O pasado sábad0 16 de decembro celebrouse a última xornada do deporte en idade escolar antes das vacacións de Nadal. En total xogaron cinco dos nosos equipos, tanto na modalidade de fútbol sala como de baloncesto. Os resultados foron os seguintes:

FÚTBOL SALA BENXAMÍN
O Pilar 1 Celeiro FS 8

FÚTBOL SALA ALEVÍN
Lourenzá 6 O Pilar 1

FÚTBOL SALA INFANTIL
Lourenzá 6 O Pilar 3

BALONCESTO BENXAMÍN MIXTO
Martínez Otero 28 O Pilar 22
CB Celtas 20 Agrupación O Pilar 15

BALONCESTO ALEVÍN MIXTO
CB Celtas – O Pilar: partido aprazado

Grazas a todos/as polo voso esforzo e a seguir disfrutando do deporte.

Xornada 5 Deporte Escolar

Xornada 5 Deporte Escolar

 

RESULTADOS XORNADA 4 DEPORTE EN IDADE ESCOLAR

Onte día 3 de decembro rematou a xornada 4 do Deporte en Idade Escolar coa celebración da primeira quenda preparatoria do campo a través no estadio de fútbol de Santa Cruz, na que o noso colexio estivo representado por máis de 30 corredores/as. Admirable o sacrifico e o esforzo de todos/as os/as deportistas dos distintos clubes, colexios e entidades que se deron cita en Lourenzá nesa fría mañá de principios de decembro. O próximo 14 de xaneiro disputarase a segunda xornada preparatoria no mesmo escenario.

Do mesmo xeito, o sábado celebrouse un único partido do noso equipo alevín de fútbol sala.

FÚTBOL SALA ALEVÍN
AD Xove 2 O Pilar 6

Noraboa a todos/as e a seguir disfrutando do deporte.

Resultados 4 Xornada Deporte Escolar

Resultados 4 Xornada Deporte Escolar

RESULTADOS XORNADA 3 DEPORTE EN IDADE ESCOLAR

Onte sábado día 26 de novembro  celebrouse a xornada 3 do deporte en idade escolar. Unha xornada máis, os equipos do noso colexio participaban nas modalidades de fútbol sala e baloncesto. Os resultados foron os seguintes:

FÚTBOL SALA BENXAMÍN
O Pilar 3 Ribadeo FS 3

FÚTBOL SALA ALEVÍN
O Pilar 2 Ribadeo FS 4

FÚTBOL SALA INFANTIL
O Pilar 1 Ribadeo FS 2

BALONCESTO BENXAMÍN MIXTO
Martínez Otero 34 O Pilar 11

BALONCESTO ALEVÍN MIXTO
Martínez Otero 25 O Pilar 38

Grazas a todos/as polo voso esforzo e a seguir disfrutando do deporte.

Xornada 3 Deporte Escolar

Xornada 3 Deporte Escolar

RESULTADOS XORNADA 2 DEPORTE EN IDADE ESCOLAR

Onte día 18 de novembro pola mañá celebrouse a xornada 2 do deporte en idade escolar. Os equipos do noso colexio participaban esa mañá nas modalidades de fútbol sala e baloncesto. Os resultados foron os seguintes:

FÚTBOL SALA BENXAMÍN
EDM Barreiros 3 O Pilar 1

FÚTBOL SALA ALEVÍN
EDM Barreiros 3 O Pilar 2

FÚTBOL SALA INFANTIL
Celeiro FS 1 O Pilar 1

BALONCESTO ALEVÍN MIXTO
ED Lourenzá 12 O Pilar 40

Grazas a todos/as polo voso esforzo e a seguir disfrutando do deporte.

Xornada 2 Deporte Escolar

 

RESULTADOS XORNADA 1 DEPORTE EN IDADE ESCOLAR

A pasada fin de semana disputouse a primeira xornada do Programa Xogade nas modalidades de fútbol sala e baloncesto. Os resultados dos equipos do noso colexio foron os seguintes:

FÚTBOL SALA BENXAMÍN
O Pilar 2 Burela FS 2

FÚTBOL SALA ALEVÍN
O Pilar 2 Burela FS 3

FÚTBOL SALA INFANTIL
O Pilar 2 Burela FS 2

BALONCESTO BENXAMÍN MIXTO
Martínez Otero 18 O Pilar 39

BALONCESTO ALEVÍN MIXTO
EDM Valadouro 10 O Pilar 48

Grazas a todos/as polo voso esforzo e a seguir disfrutando do deporte.

Xornada 1 Deporte Escolar

CAMPIONATO GALEGO DE ATLETISMO

Este domingo celebrouse na Pistas de Atletismo das Travesas de Vigo o Campionato Galego de Atletismo, no que o noso centro estivo representado por tres atletas (outros dous tamén clasificados non puideron acudir por diferentes cirscunstancias). E os/as nosos/as nenos/as seguen a darnos grandes alegrías pola súa ilusión, compromiso e rendemento. Os resultados foron os seguintes:

– Janet Villarino Vizoso logrou proclamarse CAMPIONA GALEGA de Lanzamento de pelota de 200 gramos, categoría benxamín.

– Miguel Fdez. Castro logrou o NOVENO posto en 50 metros lisos, categoría benxamín.

– Julia Fdez. Castro logrou a MEDALLA DE BRONCE en 50 metros lisos e o QUINTO posto en salto de lonxitude, categoría benxamín.

Noraboa! Facédesnos sentir moi orgullosos. Queremos felicitar tamén a todos/as os/as medallistas de outros clubes, escolas e colexios da Mariña que tan bon traballo están a realizar nesta disciplina deportiva.

Fotos Campionato Galego Atletismo

19095697_439568763074592_2769614425005096040_o19023700_439568603074608_7559854617204815609_o

 

QUINCENA DEPORTIVA

Comezamos unha quincena onde queremos sensibilizar aos nosos alumn@s ao deporte e a unha alimentación saudable. Ao longo destes días temos programados diferentes actos e actividades para o desenvolvemento destes obxectivos.
Ademáis contaremos con diferentes persoas que compartirán coloquios co noso alumnado.
Obxectivo 1:
Fomentar a práctica deportiva entre os membros da comunidade escolar como medio de desenvolvemento persoal e integración social.
Obxectivo 2:
Sensibilizar ao alumnado sobre a importancia dunha alimentación equilibrada e a relación entre esta e o estado de saúde.
Obxectivo 3:
Fomentar e incentivar a adherencia á práctica de actividade física buscando como obxectivo a mellora da saúde de toda a comunidade.
Obxectivo 4:
Facer promoción de a práctica de “Deporte para Todos” ofertando un amplo abano de actividades.
Obxectivo 5:
Impulsar o deporte de competición intra colexial.

TRÍPTICO QUINCENA DO DEPORTE

TRÍPTICO QUINCENA DO DEPORTE 2

Seguemento Quincena Deportiva

Quincena Deportiva no Colexio

CAMPIONATO PROVINCIAL DE ATLETISMO

O pasado domingo, 21 de maio, celebrouse en Lugo o Campionato Provincial de Atletismo en Pista no que o noso colexio estivo representado por 30 atletas . Foi unha xornada intensa, de moita calor e na que os/as nosos/as deron o mellor de sí . En total conseguiron 12 medallas repartidas en 3 ouros, 6 platas e 3 bronces. Ademais, cinco atletas nos representarán no Campionato Galego de Atletismo en oito probas. Os/as nosos/as nenos/as e o deporte seguen a darnos grandes alegrías.

OUROS:

1º posto provincial: 50 metros lisos bexamín
1º posto provincial: pelota benxamín feminino
1º posto provincial en peso infantil feminino

PLATAS:

2º posto provincial en 500 metros lisos benxamín
2º posto provincial en lonxitude benxamín feminino
2º posto provincial en pelota benxamín feminino.
2º posto provincial en peso benxamín feminino
2º posto provincial en disco infantil masculino
2º posto provincial en xavelina infantil feminino

BRONCES:

3º posto provincial en lonxitude benxamín feminino
3º posto provincial en disco infantil feminino
3º posto provincial en peso infantil feminino.

Noraboa a todos polo seu esforzo, comportamento e entusiasmo por esta disciplina e a seguir disfrutando do deporte.

IMG-20170522-WA0002

Fotos Campionato Provincial en pista

Temos Campións Provinciais en Atletismo!

 

 

CAMPIONATO PROVINCIAL DE XADREZ 2017. TEMOS CAMPIÓNS PROVINCIAIS!

Màis orgullosos non podemos estar da actuación dos/as nosos/as axedrecistas no CAMPIONATO PROVINCIAL DE XADREZ. Participábamos con sete equipos (dous benxamín feminino, dous alevín feminino, un alevín masculino, un infantil feminino e outro cadete feminino) e seis conseguiron medalla (catro de ouro e dúas de bronce), de modo que todos/as os/as nosos/as deportistas remataron a xornada contentos/as tanto pola participación como polo seu rendemento. Destacamos o excelente comportamento de todos eles nunha xornada que comenzou no Martínez Otero ás 10:30 e rematou ás 17:30 horas. E por si fora pouco, catro dos nosos equipos lograron proclamarse CAMPIÓNS PROVINCIAIS DE XADREZ. Máis contentos non podemos estar. Os/as nosos/as nenos/as e o deporte seguen a darnos moitas alegrías. Noraboa campións/as!

RESULTADOS

BENXAMÍN FEMINIO
O Pilar 1: primeira posición e campionas provinciais
O Pilar 2: cuarta posición
ALEVÍN FEMINO
O Pilar 1: primeira posición e campionas provinciais
O Pilar 2: terceira posición
ALEVÍN MIXTO
O Pilar 1: primeira posición e campións provinciais
INFANTIL FEMININO
O Pilar 1: terceira posición
CADETE FEMININO
O Pilar 1: primeira posición e campionas provinciais

Noraboa a e seguir disfrutando do deporte

18582065_430045724026896_3024963282800793057_n   IMG_20170401_104418

Fotos Campionato Provincial Xadrez 2017

Temos Campións Provinciais en Xadrez

 

 

RESUMO XORNADA DEPORTIVA: CAMPIONATO PROVINCIAL TENIS DE MESA VILALBA 2017 E ATLETISMO EN PISTA

 

Como ben saben esta fin de semana tíñamos unha doble cita deportiva:


– En Vilalba 14 equipos con 37 nenos/as en total representaban ó noso colexio no Campionato Provincial de Tenis de Mesa. Os monitores que os acompañaban destacaron o excelente comportamento dos/as rapaces/as durante toda a xornada. Os resultados foron os siguientes:

Benxamín feminino:

• Pilar 2: primeira posición e campión provincial
• Pilar 3: segunda posición
• Pilar 4: terceira posición
• Pilar 1: cuarta posición

Benxamín mixto: segunda posición

• Alevín feminino: cuarta posición
• Alevín mixto:

O Pilar 1: terceira posición

O Pilar 2: cuarta posición

• Infantil feminino: segunda posición
• Infantil mixto: cuarta posición

Cadete masculino: cuarta posición

Noraboa pola vosa actitude e rendemento.

– Nas pistas Gregorio Pérez Rivera de Lugo celebrouse a segunda xornada clasificatoria do Campionato Provincial de Atletismo que fora suspendido o pasado 30 de abril por condicións climatolóxicas adversas. Os/as nosos/as atletas competiron con toda a ilusión do mundo para poder clasificarse para a xornada final do vindeiro 21 de maio.

Noraboa a todos/as e a seguir disfrutando do deporte

Fotos Xornada Deportiva: Campionato Provincial Tenis de Mesa e 2ª Proba Preparatoria Campionato Provincial de Atletismo en pista.

Resumo Xornada Deportiva: Tenis de Mesa e Atletismo en Pisa

atletismo lugo 2017

atletismo lugo 2017 2

 

2ª XORNADA CLASIFICATORIA DO CAMPIONATO PROVINCIAL DE ATLETISMO

Este domingo 07 de maio, celébrase a segunda xornada clasificatoria do Campionato Provincial de Atletismo, que se celebrará nas pistas Gregorio Pérez Rivera de Lugo. O noso centro estará representado por uns 35 atletas. Adxuntamos horario das probas. ? ?

Horario Xornada da Mañá

Horario Xornada da Tarde

Enlace ao Facebook das probas

Enlace ao Twiter das probas

Sorte e todos/as e a disfrutar do deporte.

 

 

DERRADEIRA XORNADA CAMPIONATO COMARCAL XADREZ 2017

O sábado pola mañá celebrouse no Pavillón Os Castros de Burela a terceira e derradeira xornada do Campionato Comarcal de Xadrez que se caraterizou, coma as dúas anteriores, pola numerosa participación de axedrecistas de diferentes clubes, asociacións deportivas e colexios. Os/as nosos/as representantes competiron con toda a ilusión do mundo, disfrutando deste deporte que cada vez goza de maior aceptación entre os/as rapaces/as mariñáns en idade escolar. Os logros acadados foron os seguintes:

CATEGORÍA BENXAMÍN FEMININA
O Pilar 1: primeira posición
O Pilar 2: terceira posición

CATEGORÍA BENXAMÍN MIXTO
O Pilar 1: terceira posición

CATEGORÍA ALEVÍN FEMININA
O Pilar 1: primeira posición
O Pilar 2: terceira posición

CATEGORÍA ALEVÍN MIXTO
O Pilar 1: segunda posición

CATEGORÍA INFANTIL FEMININA
O Pilar 1: primeira posición

CATEGORÍA INFANTIL MIXTO
O Pilar: terceira posición

CATGORÍA CADETE FEMININA:
O Pilar 1: primeira posición

Noraboa a todos/as os/as participantes de todas as entidades e a seguir gozando desta recomendable modalidade deportiva

xadrez burela

Fotos Derradeira Xornada Campionato Comarcal Xadrez 2017

1ª PROBA PREPARATORIA ATLETISMO EN PISTA LUGO 2017

O domingo, 2 de abril, terá lugar no Estadio Gregorio Pérez Rivera de Lugo a primeira proba clasificatoria do Campionato Provincial de Atletismo. O noso colexio acudirá con 40 atletas que participarán en diferentes modalidades. Para que poidan saber as horas de competición nas diferentes disciplinas poden consultar os horarios tanto de maña como de tarde das diferentes probas. Moita sorte a tod@s.

17554074_403997756631693_8949778193061503800_n17353236_403997769965025_999351288397534439_n

 

2ª XORNADA CAMPIONATO COMARCAL XADREZ 2017

O pasado sábado 24 de marzo celebrouse no Martínez Otero a segunda xornada do Campionato Comarcal de Xadrez. Os/as nosos/as axedrecistas están a disfrutar desta modalidade deportiva e loitando con moita ilusión nas diferentes categorías. O próximo sábado celebrarase a terceira e última xornada no pavillón dos Castros de Burela.

Noraboa a todos/as e a seguir disfrutando do deporte.

Fotos 2ª Xornada Campionato Provincial Xadrez 2017

17458159_402644243433711_8508128924279954690_n

 

1ª XORNADA CAMPIONATO COMARCAL XADREZ 2017

Rematados os preparativos para a celebración no noso centro da primeira xornada do Comarcal de Xadrez que se celebrou o pasado sábado 18 de marzo, e no que o noso colexio participou con 59 axedrecistas.

Participaron 141 axedrecistas de diferentes colexios e entidades. Queremos agradecer o comportamento dos/das participantes e o respetuoso silencio do público que asistiu a disfrutar desta xornada.
Moitas gracias a todos/as e a seguir disfrutando desta modalidade deportiva tan recomendable.

17310912_399067657124703_913840799348898654_o Fotos 1ª Xornada Campionato Comarcal Xadrez 2017

 

2ª XORNADA CAMPIONATO COMARCAL TENIS DE MESA RIBADEO 2017

O pasado sábado 11 de marzo pola mañá celebrouse no Pavillón Novo de Ribadeo a segunda e última xornada do Campionato Comarcal de Tenis de Mesa na que o noso centro participou con 58 deportistas. Os/as rapaces/as de todos os equipos e entidades disfrutaron dunha instalación deportiva con dezaseis mesas de xogo. Debemos salientar o estupendo campionato dos/as nosos/as deportistas que venceron en cinco categorías desta modalidade deportiva. Os resultados foron os seguintes:

  1. Benxamín feminino
    O Pilar 1: primeira posición
    O Pilar 2: segunda posición
  2. Benxamín masculino
    O Pilar 1: primeira posición
  3. Alevín feminino
    O Pilar: terceira posición
  4. Alevín masculino
    O Pilar 1: primeira posición
    O Pilar 2: segunda posición
  5. Infantil feminino
    O Pilar 1 : primeira posición
  6. Infantil masculino:
    O Pilar: segunda posición
  7. Cadete masculino
    O Pilar 1: primeira posición
    O Pilar 2: terceira posición
    tenis de mesa

 

 

 

1ª XORNADA CAMPIONATO COMARCAL TENIS DE MESA RIBADEO 2017

Bonita xornada de Tenis de Mesa a celebrada o pasado sábado 4 de marzo no Pavillón Novo de Ribadeo. Todos/as os/as deportistas participantes disfrutaron dunha agradable mañá practicando esta modalidade deportiva. O próximo sábado celebarase a segunda e última xornada no mesmo lugar.
Noraboa a todos/as e a seguir disfrutando do deporte.

Fotos 1ª Xornada Campionato comarcal Tenis de mesa Ribadeo 2017

 

tenis de mesa 2017

 

CAMPIONATO PROVINCIAL CAMPO A TRAVÉS LOURENZÁ 2017

Moi orgullos da actuación dos/as 23 rapaces/as que representaron ó noso centro no Campionato Provincial de Campo a Través celebrado este domingo no Campo de Santa Cruz de Lourenzá. Todos/as competiron coa máxima ilusión e esforzo, dando o máximo ata cruzar a liña de meta. Hai que destacar o segundo posto de Julia Fdez. (Benxamín feminino) e Miguel Fdez. (Benxamín masculino) que se proclamaron subcampións da súa categoría en todo un Campionato Provincial. Moitísmas felicidades a todos/as e grazas polo voso esforzo e ilusión. Noraboa!

Fotos Campionato Provincial Campo A Través Lourenzá 2017

Fotos Campionato Provincial Campo A Través Lourenzá 2017 cedidas por AD. Lourenzá

Fotos Campionato Provincial Campo A Través Lourenzá 2017 cedidas por AD. Lourenzá

Fotos Campionato Provincial Campo A Través Lourenzá 2017 cedidas por AD. Lourenzá

 

CLASIFICACIÓNS DEFINITIVAS TEMPADA 2016-2017 PROGRAMA XOGADE

Unha vez rematadas as ligas comarcais de baloncesto e fútbol-sala, as clasificacións definitivas quedan deste xeito:

Clasificación Baloncesto Benxamín Tempada 2016-2017

Clasificación Baloncesto Alevín Tempada 2016-2017

Clasificación Fútbol-sala Benxamín Tempada 2016-2017

Clasificación Fútbol-sala Alevín Tempada 2016-2017

 

RESULTADOS XORNADA 11 PROGRAMA XOGADE

EDM Valadouro – Colexio O Pilar ( Fútbol-sala Alevín )1 – 2

CB Celtas – Colexio O Pilar ( Baloncesto Benxamín )64- 24

CB Celtas – Colexio O Pilar ( Baloncesto Alevín Masc. ). 28 – 44

Colexio O Pilar – EDM Valadouro ( Baloncesto Alevín Fem. )50 – 24

 

RESULTADOS XORNADA 10 PROGRAMA XOGADE

Colexio O Pilar  – Ribadeo F.S. ( Fútbol-sala Benxamín )5 – 5

Colexio O Pilar  – Ribadeo F.S. ( Fútbol-sala Alevín )2 – 3

 

RESULTADOS XORNADA 9 PROGRAMA XOGADE

Burela F.S. – Colexio O Pilar ( Fútbol-Sala Benxamín). 6 – 1

Burela F.S. – Colexio O Pilar  ( Fútbol-Sala Alevín). 2 – 0

Colexio O Pilar – Santiago de Foz ED.  ( Fútbol-Sala Benxamín). 3 – 11 ( Partizo xogado onte e que fora aprazado no seu momento)

 

RESULTADOS XORNADA 8 PROGRAMA XOGADE

Colexio O Pilar  – Celeiro F.S. ( Fútbol-sala Benxamín )8 – 0

Colexio O Pilar  – Celeiro F.S. ( Fútbol-sala Alevín )0 – 4

Colexio O Pilar – M. Otero ( Baloncesto Benxamín )40 – 24

Colexio O Pilar – M. Otero ( Baloncesto Alevín Masc. ). 32 – 13

Colexio O Pilar – M. Otero( Baloncesto Alevín Fem. )24 – 41

 

RESULTADOS XORNADA 7 PROGRAMA XOGADE

Colexio O Pilar  – Santiago de Foz ( Fútbol-sala Alevín ). 0 – 2

EDM. Valadouro – Colexio O Pilar ( Baloncesto Benxamín ). 26 – 44

EDM. Valadouro – Colexio O Pilar ( Baloncesto Alevín Masc. ). 15 – 46

M. Otero – Colexio O Pilar( Baloncesto Alevín Fem. ). 35 – 46

 

RESULTADOS XORNADA 6 PROGRAMA XOGADE

Colexio O Pilar  – A Fuga Xove ( Fútbol-sala Benxamín ). 2 – 3

Colexio O Pilar  – A Fuga Xove ( Fútbol-sala Alevín ). 4 – 2

M. Otero – Colexio O Pilar ( Baloncesto Benxamín ). 26 – 27

M. Otero – Colexio O Pilar ( Baloncesto Alevín Masc. ). 38 – 30

C.B. Celtas – Colexio O Pilar( Baloncesto Alevín Fem. ). 62 – 14

 

RESULTADOS XORNADA 5 PROGRAMA XOGADE

O pasado fin de semana rematou a xornada 4 do Deporte Escolar coa celebración da primeira xornada preparatoria do campo a través no campo de fútbol de Santa Cruz, na que o noso colexio estivo representado por máis de 30 corredores/as. O próximo 15 de xaneiro disputarase a segunda xornada preparatoria no mesmo escenario.
Os resultados desta xornada 4 foron os seguintes:

Colexio O Pilar  – ED. Lourenzá( Fútbol-sala Benxamín ). 4 – 8

Colexio O Pilar  – ED. Lourenzá( Fútbol-sala Alevín ). 1 – 8

Colexio O Pilar  – CB. Celtas( Baloncesto Benxamín ). 29 – 54

Colexio O Pilar  – CB. Celtas( Baloncesto Alevín Masc. ). 56 – 32

ED. Valadouro – Colexio O Pilar( Baloncesto Alevín Fem. )15 – 50

 

 

RESULTADOS XORNADA 3 PROGRAMA XOGADE

O pasado sábado 26 de novembro disputouse a 3ª xornada do Programa xogade.

Os resultados acadados foron os seguintes:

 

M. Otero – Colexio O Pilar A –   ( Baloncesto Alevín )16 – 54

M. Otero – Colexio O Pilar B  ( Baloncesto Alevín ). 35 – 28

M. Otero – Colexio O Pilar ( Baloncesto Benxamín ). 36 – 34

Colexio O Pilar – Cidade de Viveiro ( Fútbol-Sala Alevín). 3 – 0

Colexio O Pilar – Cidade de Viveiro ( Fútbol-Sala Benxamín). 1 – 7

 

RESULTADOS XORNADA 2 PROGRAMA XOGADE

O pasado sábado 19 de novembro disputouse a 2ª xornada do Programa xogade.

Os resultados acadados foron os seguintes:

 

Colexio O Pilar B – M. Otero  ( Baloncesto Alevín ). 39 – 11

Colexio O Pilar A – O Valadouro  ( Baloncesto Alevín ). 35 – 12

Colexio O Pilar A – O Valadouro  ( Baloncesto Benxamín ). 30 – 10

 

RESULTADOS XORNADA 1 PROGRAMA XOGADE

O pasado sábado 12 de novembro disputouse a 1ª xornada do Programa xogade. Houbo varios cambios na disputa dos partidos, así o equipo de fútbol-sala tivo que desprazarse ata o pavillón do Colexio do Cantel para disputar o seu encontro. O  equipo benxamín de fútbol-sala foi aprazado para o día de hoxe ás 17:30 no pavillón do noso colexio.

Os resultados acadados foron os seguintes:

Colexio O Pilar  – Santiago de Foz B  ( Fútbol-sala Alevín ). 3 – 3

Colexio O Pilar B – Celtas  Foz  ( Baloncesto Alevín ). 39 – 41

Colexio O Pilar A – Colexio Martínez Otero  ( Baloncesto Alevín ). 35 – 12

Colexio O Pilar A – Colexio Martínez Otero 4  ( Baloncesto Benxamín ). 16 – 24.

Poden ver as fotos dos encontros disputados no noso pavillón na nosa páxina de Facebook no seguinte enlace:

Fotos 1º Xornada Programa Xogade

 

 

XORNADA 1 – PROGRAMA XOGADE

O vindeiro sábado 12 de novembro comezamos coas competicións de fútbol-sala e baloncesto. Será unha xornada completa no pavillón do Colexio xa que se disputarán 5 partidos, dous de fútbol-sala e tres de baloncesto ao longo de toda a mañá. Estes son os horarios dos encontros:

09:10  Colexio O Pilar – Santiago de Foz B  ( Fútbol-sala Alevín ).

10:00  Colexio O Pilar – Castrelo F.S.  ( Fútbol-sala Benxamín ).

11:00  Colexio O Pilar B – Celtas  Foz  ( Baloncesto Alevín ).

12:00  Colexio O Pilar A – Colexio Martínez Otero  ( Baloncesto Alevín ).

13:00  Colexio O Pilar – Colexio Martínez Otero 4  ( Baloncesto Benxamín ).

Invitamos a tod@s @s que queiran disfrutar dunha xornada deportiva a que acudan a animar aos nos@s deportistas. Grazas de antemán.

 

CALENDARIOS  XORNADAS  BALONCESTO E FÚTBOL-SALA  PROGRAMA XOGADE

Xa poden consultar as xornadas das modalidades de baloncesto e fútbol-sala das categorías que participan esta tempada no programa XOGADE.

Calendario Xornadas Baloncesto

Calendario Xornadas Fútbol-sala

 

XOGADE 2016

 

XOGADE

INFORMACIÓN REUNIÓN ZONAL.ACTA

O pasado XOVES DÍA 13 DE OUTUBRO celebramos no noso colexio  a asamblea previa á competición deportiva, na que estiveron o coordinador da Secretaría Xeral para o Deporte en Lugo  D. Carlos López e o Xefe de Sección da Secretaría Xeral para o Deporte en Lugo D. Manuel Otero; así como os responsables da maioría das Entidades Deportivas de A Mariña.


Sorry, no posts matched your criteria.