PROXECTO “DIGICRAFT NO TEU COLEXIO”



PROXECTO “DIGICRAFT NO TEU COLEXIO”

Recentemente o noso centro foi seleccionado, xunto con outros cincuenta de toda Galicia, para participar no proxecto “Digicraft no teu colexio”. Este proxecto ten como obxetivo formar a nenos e nenas entre 6 y 12 anos nas competencias dixitais, coa finalidade de que lideren o seu futuro.

Digicraft nace para formar os/as nenos/as no emprego seguro e crítico da tecnoloxía dixital e cobre o coñecemento, as capacidades e as actitudes que necesitan todos os cidadáns nunha sociedade dixital en rápida evolución.

O proxecto fundaméntase na aplicación da metodoloxía DigiCraft, que combina o mundo dixital co artesanal, e sobre a que se constrúen unha serie de itinerarios formativos que permitirán aos menores acercarse á competencia dixital dunha forma innovadora, a través do emprego de tecnoloxías emerxentes.


Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *