Plurilingüismo


Dende o Colexio, lévanse a cabo  distintas actividades, co obxectivo de mellorar e perfeccionar as linguas. Este é, sen dúbida, un dos eixes principais do noso proxecto educativo.

CONVOCATORIA ERASMUS+ EDUCACIÓN ESCOLAR

VIAXE DE INMERSIÓN LINGÜÍSTICA

Actividades de 5º/6º Primaria en Londres. Todos os anos, os alumnos/as de 5º e 6º de Primaria fan unha viaxe a Londres co fin de fortalecer o Inglés.

Durante o curso 2018-2019 un grupo de alumnos de 3° e 4° de ESO participaron nun intercambio lingüístico-cultural co centro Saint Joseph de Limoux (Francia). Este curso 2019-2020 un grupo de 23 alumnos desas mesmas idades participarán noutro intercambio co centro Antonio Gramsci en Florencia nos meses de marzo/abril. Asimesmo aproveitarase esta viaxe para realizar unha visita á cidade de Roma.

CENTRO BEDA

Único centro na Mariña. O Programa BEDA axuda eficazmente á mellora da ensinanza do inglés , sempre en coherencia coa calidade do resto das ensinanzas e do noso Proxecto Educativo. Está dirixido por Escuelas Católicas de Madrid e Cambridge English Language Assessment.

CENTRO PREPARADOR OFICIAL EXAMES CAMBRIDGE

Como ben saben, o noso colexio é Centro Preparador Oficial dos exames de Cambridge desde o ano 2012/13. Neste curso 2017/18 o alumnado interesado en presentarse a estes exames (que desde o curso 2013/14 se realizan no noso centro) segue a recibir formación totalmente gratuíta por parte do profesorado de Lingua Inglesa do noso colexio. Estas sesións de formación celébranse de luns a venres en horario de 16:20 a 17:10 horas e o alumnado está organizado en grupos según o nivel do exame ó que se presentan: STARTERS, MOVERS, FLYERS, KET (A2), PET (B1) e FIRST (B2).

O noso centro continúa apostando neste curso pola formación e preparación do noso alumnado para a realización destes exames e, por iso, queremos seguir animando ás familias para que sigan, un curso máis, mostrando o mesmo interese pola aprendizaxe da lingua inglesa dos seus fillos/as.

Nas fotografías adxuntas os grupos de PET (B1), STARTERS, FLYERS e MOVERS en sesións desta mesma semana.

composicion-exam-preparation-centre-1572x320image001

RESULTADOS DO CURSO ESCOLAR 2014/2015, 5º EP– A1 (MOVERS)= 7 alumnos/as presentados. Estamos a espera dos resultados. 6º EP-A2 (FLYERS)= 9 alumnos/as presentados. Estamos a espera dos resultados. 1º E.S.O– A2 (KET FOR SCHOOLS)= 8 alumnos/as presentados, e todos acadan o título. 2º, 3º e 4º da E.S.O.– B1 (PET FOR SCHOOLS)= 15  alumnos/as presentados, e todos acadan o título. 2º, 3º e 4º da E.S.O.– B2 (FIRST FOR SCHOOLS)= 1  alumnos/as presentados, e todos acadan o título.

AUXILIAR DE CONVERSA

Centro pioneiro, incorporándose no curso 2010/2011 á rede de Centros Plurilingües da Comunidade Autónoma de Galicia, impartindo a área de Plastica dende 1º a 5º de Primaria  e temos previsto seguir nos seguintes cursos. Auxiliar de Conversa:

  • 2 horas á semana de 1º a 5º de Primaria.

VIAXE INMERSIÓN LINGÜÍSTICA A LONDRES 2019

Viaxe de volta

A experiencia está chegando ao seu fin. Xa preparando o embarque no aeroporto de Heathrow para comezar a viaxe de volta a casa. ??
✅ ✈ A saída está prevista para as 20:25 horas (hora de Londres) e a chegada arredor das 23:20 horas ao Aeroporto de Alvedro (A Coruña).
✅ ? A hora estimada de chegada ó noso colexio é arredor das 01:15/01:30 horas.
Boa viaxe!! Agardámosvos!

Xornada 6

Despois do típico almorzo británico, os/as rapaces/zas comezaron a visita programada para esta derradeira xornada en Londres: o barrio londiniense de Canden Town. A esta hora xa están agardando polo autobús que os trasladará ó aeroporto de Heathrow e que servirá de despedida desta espléndida viaxe.

Xornada 5

Hoxe está sendo o derradeiro día no que o noso alumnado asitirá ás clases na Academy The English Studio. Este centro de estudos emprega unha metodoloxía eminentemente comunicativa. En grupos pechados, como os dos nosos rapaces/as, traballan como desenvolverse en situacións cotiás (supermercados, aeroportos, estacións de metro, restaurantes…) interactuando sempre en inglés. Os niveis de aprendizaxe nos que se moveron foron A1/A2.

VIAXE DE INMERSIÓN LINGÜÍSTICA: XORNADA 5

Xornada 4

Intensa xornada cultural a que están a vivir no día de hoxe o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria na súa viaxe de Inmersión Lingüística a Londres. Tras unha mañá de aprendizaxe lingüística na Academy the English Estudy, á tardiña gozaron dun precioso e divertido cruceiro polo Río Támesis, coñecendo así a cidade londiniense desde outra perspectiva. ?

Posteriormente, visitaron lugares emblemáticos desta cidade como a National Gallery, Trafalgar Square, London Bridge ou London Eye dende o que puideron gozar dunhas vistas extraordinarias da capital do Reino Unido.

A seguir disfrutando!

VIAXE DE INMERSIÓN LINGÜÍSTICA: XORNADA 4

Xornada 3

Xa imos case polo ecuador da viaxe e todo está transcurrindo máis ou menos segundo o previsto. Hoxe despois das clases matinais os rapaces visitaron o British Museum e o Madame Tussauds.

Agora están a cear e a continuación irán para o Hostel Safestay Elephant & Castle a descansar, xa que mañá agárdaos outra espectacular xornada .
A seguir disfrutando…

VIAXE DE INMERSIÓN LINGÜÍSTICA: XORNADA 3

Xornada 2

A xornada comezou ben cedo para os/as rapaces/as do noso centro. Despois dun necesario almorzo, desprazáronse en metro á Academy the English Study para comezar as súas clases, que se iniciaron cunha proba de nivel para que o persoal da academia decidise o grupo no que se integrarían durantes estes días.

Despois dunha reconfortante comida ó aire libre, á tardiña partiron desde Red Lion Square Gardens para gozar dun didáctico e divertido TOUR INTERACTIVO pola cidade. Visitaron lugares tan emblemáticos de Londres como Buckingham Palace, Trafalguar Square ou Tower of London.

En breve voltarán ó Hostel Safesty Elephant & Castle para disfrutar dunha merecida cea antes de retirarse a descansar.

VIAXE DE INMERSIÓN LINGÜÍSTICA: XORNADA 2

 Xornada 1

Os/as rapaces/as de 5º e 6º de Educación Primaria xa aterraron onte no aeroporto londiniense de Heathrow e  desprazáronse en autobús ata o Hostel Safestay Elephant & Castle para acomodarse nas súas habitacións antes da cea. Todo sen novidade. A disfrutar da estancia! 
VIAXE INMERSIÓN LINGÜÍSTICA A LONDRES: CHEGADA A HEATHROW

ENGLISH WEEK 2018

  • MARTES 4 DE DECEMBRO

O alumnado de 1º ESO segue a disfrutar da English Week 2018. Na xornada de onte dividíronse en diferentes grupos co resto dos/as alumnos/as doutros centros para asistir ás clases de inglés, que se caracterizan por unha metodoloxía interactiva e atractiva co fin de axudar a facer a aprendizaxe máis amena.

Estas clases divídense en tres módulos: gramática e método, vocabulario e phrasal verbs e falar en público (preparan una presentación oral para o último día da English Week 2018).

Todo segundo o plan previsto.

  • LUNS 3 DE DECEMBRO

Hoxe comeza o Grupo de 1º de ESO do noso centro unha actividade de Inmersión nos Peares (Carballeda)
Ás 17:00 chegaban con toda a ilusión a este complexo e a partir das 19:00 comezaron coas actividades programadas.
«English Week» consiste en Actividades de inmersión en inglés para o alumnado .
A English Week está deseñada tendo en mente a aqueles e aquelas estudantes que posúen un coñecemento de inglés e que necesitan perfeccionar tanto a fluidez verbal como a comprensión auditiva.
Esta actividade non é un campamento senón que ten unha formulación máis formativa.
Os obxectivos xerais son consolidar as estruturas gramaticais básicas, intermedias e avanzadas, mellorar a axilidade verbal ao mesmo tempo que se reforzan as estruturas gramaticais, adquirir un corpus de vocabulario xeral e dominar o vocabulario temático en situacións específicas, incrementar a confianza do alumnado ante situacións orais imprevistas e desenvolver a capacidade de comprensión auditiva e comunicación oral dos e das participantes.
O grupo recibirá cinco horas de clase de luns a venres e realizará actividades nas que fará uso do inglés en situacións comunicativas reais, todo nun ambiente angloparlante.

A aprender e disfrutar…

EXAMES OFICIAS DE CAMBRIDGE 2018

Con total normalidade transcurriu a xornada do sábado no CPR Pluirilingüe Nosa do Pilar onde arredor de 85 alumnos/as examináronse dos niveis KET (A2), PET (B1) e FIRST (B2) dos exames oficiais de Cambridge. En xeral, as sensacións foron positivas tanto para examinados coma examinadores, pois os primeiros agradeceron o feito de apenas ter que desprazarse nunha xornada que xa de por si require horas de esforzo e, por outra parte, os examinadores agradeceron a boa acollida no centro e as facilidades ofrecidas para a boa realización das probas.

  • EXAMES YOUNG LEARNERS CAMBRIDGE ENGLISH

Onte, luns 5 de xuño pola tarde, un grupo de 30 alumnos/as de 5º e 6º de Educación Primaria tiveron a oportunidade de examinarse no noso centro dos niveis YOUNG LEARNERS de Cambridge English. Os alumnos de 5º de Educación Primaria presentáronse ao exame MOVERS e os de 6º de Educación Primaria ao exame FLYERS. Estes dous exames cubren igualmente as disciplinas de Reading and Writing, Listening e Speaking. Será no mes de setembro cando reciban os seus diplomas cos resultados correspondentes. Moita sorte a todos e a todas! Dá gusto ver estas novas xeracións traballando man a man co inglés!

Exames Oficiais Cambridge 2018

Exames Young Learners Cambridge English

THE BIG CHALLENGE

Un ano máis un grupo de 30 alumnos/as do noso colexio participou no concurso internacional de inglés coñecido como «The big challenge». Este curso, como novidade, foi realizado online para o cal empregamos diferentes medios informáticos. Desexámoslles moita sorte e que sigan animándose a participar neste tipo de actividades.

The Big Challenge

EXAMES OFICIAIS DE CAMBRIDGE

O prazo de matrícula para os exames oficiais de Cambridge no colexio Nosa Señora do Pilar (Foz) estará aberto dende o 17 ata o 30 de abril. Todas aquelas persoas que non estean matriculadas no centro, pero si queiran presentarse ao exame poderán matricularse online a través da seguinte páxina:

https://www.camexams.es/matricula-examenes-cambridge.html

A data de celebración dos exames será o 2 de xuño para os niveis KET (A2); PET (B1) e FIRST (B2). Os alumnos de primaria (YLE) examinaranse o día de 5 de xuño en horario de tarde dos niveis STARTERS, MOVERS e FLYERS1 hora á semana de 6º de Primaria a 4º de Secundaria.

Exames Oficiais de Cambridge


PONENCIA XORNADAS BEDA SANTIAGO DE COMPOSTELA

Onte día 26 de outubro o noso centro participou como ponente na Xornadas do X Aniversario do Programa BEDA (Bilingual English Development & Assessment) ó que foramos invitados pola súa coordinadora, Rosario Baleirón, para expoñer a nosa metodoloxía e experiencia na IMPLEMENTACIÓN DA APRENDIZAXE DA LINGUA INGLESA no noso colexio. Esta invitación responde á información remitida por Cambridge English a Escolas Católicas, organizadora deste evento, por mor dos bos resultados acadados polo noso alumnado nos exames de Cambridge ó longo destes últimos anos. A nosa compañeira e Coordinadora BEDA, Reyes Yanes Marqués, que estivo acompañada polo director do colexio, Juan Vivero Basanta, foi a encargada de expoñer e compartir con directores e profesores/as de inglés de centros educativos de toda Galicia a nosa experiencia na procura da MELLORA DA COMPETENCIA DA LINGUA INGLESA do noso alumnado, a través da ponencia titulada «Our kids, our little explorers».

Para o noso colexio é un orgullo e unha motivación que unha entidade de carácter nacional como é Escuelas Católicas recoñeza e valore o esforzo que estamos a realizar pola mellora continua na ENSINANZA DA LINGUA INGLESA, sempre en coherencia coa calidade do resto das ensinanzas e co Proxecto Educativo e valores do noso centro.

Ponencia Xornadas BEDA Santiago de Compostela

Ponencia Xornadas BEDA Santiago de Compostela

RESULTADOS EXAMES CAMBRIDGE

Un total de 58 alumnos do noso centro déronse cita o pasado mes de xuño no noso colexio para a realización dos exames oficiais de CAMBRIGDE ENGLISH.

Os resultados do noso alumnado foron altamente satisfactorios, pois un 85% dos 24 alumnos que se presentaron aos niveis superiores de KET (A2), PET (B1) e FIRST (B2) acadaron o seu obxectivo, como tamén o fixo o 91% dos 34 alumnos que se presentaron aos primeiros niveis (Starters, Movers e Flyers).

Destacamos DÚAS MÁXIMAS PUNTUACIÓNS a dous dos nosos alumnos cun ‘Pass with Distinction’ no nivel A2 e un no nivel B1. Asimesmo, tamén SEIS ALUMNOS de Educación Primaria acadaron a máxima puntuación nos seus respectivos exames. Está previsto que persoal do organismo Cambridge English se desprace ao noso centro educativo para facer entrega de diplomas, como xa fixeron o curso pasado (fotografía).

O noso alumnado, como saben, recibe no noso centro formación para a preparación destes exames de Cambridge (hora de actividades de 16:20 a 17:10 e nos recreos), e algúns deles tamén complementan a súa formación noutras academias ou con profesorado particular, polo que queremos recoñecer a súa labor e trasladarlles tamén as nosas felicitacións polo traballo ben feito.

O noso centro continuará apostando neste curso pola formación e preparación do noso alumnado para a realización destes exames e, por iso, queremos seguir animando ás familias para que sigan, un curso máis, mostrando o mesmo interese pola aprendizaxe do inglés. Moitas grazas!

Resultados Exames Cambridge

Resultados Exames Cambridge

cambridgeThe big challenger 2

THE BIG CHALLENGE

19260227_443108929387242_3312300230265731303_n19275035_443109096053892_8062848948256474443_n

O pasado 4 de maio un grupo de 31 alumnos de Educación Secundaria do noso centro participou no concurso internacional de inglés The Big Challenge. É unha proba na que compiten alumnos de España e de outros moitos países europeos e na que deben demostrar os seus coñecementos de inglés en materia de gramática, vocabulario e cultura. Este ano 9 dos nosos alumnos posicionáronse entre os 10 mellores da provincia nas súas respectivas categorías. Destacamos os segundos postos provinciais de Icía Fernández (2º ESO) e Jorge García (3º ESO) e o terceiro posto de María González (4º ESO). Faráselles entrega proximamente dos diplomas e agasallos acadados a todos os participantes.

EXAMES OFICIAIS DE CAMBRIDGE

Hoxe, 6 de xuño, celebrarase no noso centro a segunda quenda dos exames oficiais de Cambridge, nesta ocasión aquelas probas encamiñadas á obtención do Starters, Movers e Flyers, é decir, os primeiros niveis dos exames oficiais de Cambridge. As probas comezarán xusto ao rematar as clases lectivas no noso colexio e estes son os horarios aproximados de finalización de cada unha delas:

– Starters (3º e 4º EP): 17:20 horas
– Movers (5º EP): 18:20 horas
– Flyers (6º EP): 18:15 horas

Agradeceríamos que tivesen en conta estes horarios para poder recoller ós /ás nenos/as no centro. Gracias e moita sorte!

O pasado sábado 3 de xuño, un moi numeroso grupo de alumnos dos diferentes centros da Mariña lucense, así coma tamén de adultos presentáronse no CPR Plurilingüe Nosa Sra. do Pilar aos exames oficiais de Cambridge. Estes exames, denominados KET, PET e FIRST  están deseñados para acadar os niveis A2, B1 e B2 do Marco Común Europeo de linguas.

Este é o terceiro curso consecutivo no que o Colexio do Pilar conta co certificado de «Centro preparador dos exames oficiais de Cambidge» desta zona.

O turno dos máis pequenos será o 6 de xuño en horario de tarde. Alumnos de primaria do propio centro e de centros veciños examinaranse dos primeiros niveis.

imagen-destacada-examenes-cambridge-1

ACTIVIDADE DEPARTAMENTO PLURILINGÜISMO

Coa finalidade de fomentar a lectura e o coñecemento da cultura de países anglofalantes, así como a práctica da lingua inglesa nas nosas aulas, os/as rapaces/as de 1º, 2º e 3º ESO, coordinados /as por Marta López, a súa profesora de lingua lnglesa, levan xa unhas semanas expoñendo os seus traballos nas sesións desta asignatura. Comezaron despois das vacacións de Semana Santa e as últimas exposicións terán lugar o vindeiro venres, 12 de maio, para os/as alumnos/as de segundo curso.

Despois de leren e analizaren os libros «All about Australia» (1º ESO), «All about Scotland» (2º ESO) e «All about Ireland» (3º ESO) durante a segunda avaliación, nestre tramo final do curso tiveron que escoller un tema do seu interese, procurar información na rede ou noutros medios e preparar unha exposición para dalo a coñecer aos seus compañeiros.

Foron todo un éxito e os rapaces e rapazas deron o mellor de si en canto a creatividade, imaxinación e esforzo tanto a nivel escrito como falado. ???  

Coñecendo Outros Países Anglofalantes

Coñecendo Outros Países Anglofalantes                                

pluri 1pluri 4pluri 5pluri 2pluri 6

MATRÍCULA E INSCRICIÓN EXAMES CAMBRIDGE 2017

Dende o CPR Nuestra Señora del Pilar, informamos que xa están dispoñibles as datas de inscrición e matrícula para os exames de Cambridge que terán lugar no vindeiro mes de xuño. Os alumnos do colexio recibirán unha nota informativa xunto coa documentación e as explicacións pertinentes durante esta semana, mais calquera persoa allea ao centro que escolla o CPR Nuestra Señora del Pilar como centro examinador deberá facer a inscrición na páxina web  (http:// cambridgeenglishstudies. cambridgecentres.org/ matricula/), así como aboar as taxas correspondentes na entidade bancaria correspondente. O importe das taxas pódese consultar neste enlace: http:// cambridgeenglishstudies. cambridgecentres.org/precios

No caso de alumnos que queren presentarse aos exames de Young Learners (Starters, Movers e Flyers), informamos que o exame terá lugar o 6 de xuño pola tarde. Para KET, PET e First os exames serán o sábado 3 de xuño. Poden consultarse tanto as datas dos exames como as datas límite para a matrícula nas probas nesta páxina web http:// cambridgeenglishstudies. cambridgecentres.org/fechas.

composicion-exam-preparation-centre-1572x320

image001

VIAXE DE INMERSIÓN LINGÜÍSTICA LONDRES 2017

Por fin chegou unha das datas máis agardadas deste curso escolar: a viaxe a Londres. Un grupo de 35 alumnos/as de 5º e 6º de Primaria, acompañados de catro mestres/as, partiron hoxe luns  13 de febreiro ás 07:15 horas hacia a capital do Reino Unido para mellorar a súa competencia na lingua inglesa e vivir unha nova experiencia nunha das cidades máis emblemáticas de Europa. Que disfrutedes da viaxe. Adxuntamos programación. Así mesmo, faremos un seguemento día a día da súa andaina que poderán seguir a través da nosa páxina de Facebook.
FB_IMG_1486970605444