Pastoral




O Colexio Plurilingüe Nosa Señora do Pilar é un centro evanxelizador. No que se vive en, dende e para o Evanxeo. A nosa acción educativa é animada polo Espíritu de Xesús que nos impele, ao  igual que o fixo con Francisco e NAI Paula a “ver e escoitar a Xesús” entre os libros, as familias,… a Comunidade educativa. A tarefa de transmitir a mensaxe de Cristo é prioritaria. Dende o traballo diario nas aulas e o amplo programa de pastoral queremos desenvolver a nosa tarefa de educadores.

Fai dos anos creuse un grupo de traballo baixo o nome de «Misión Compartida» composto por laicos e seglares cunhos obxectivos moi claros:

– Coñecer e dar a coñecer o carisma Franciscano

–  Desenrolar un proceso de comunión para a misión das distintas comunidades da nosa congregación.

Este grupo de persoas está formado por Sor Reina e Sor Carme como representantes laicos, e por parte do profesorado, Pilar López, Alba Rodríguez, Miriam Villarino, Oscar Reigosa, Reyes Yanes, Mitos Reigosa e Teresa Vázquez. 

 

CURSO 2022 / 2023

LEMA PARA ESTE ANO

DÍA ESCOLAR DA PAZ E NON VIOLENCIA

 
O día da paz é unha data importante para reflexionar sobre a importancia da non violencia e da resolución pacífica dos conflitos. Cada ano, o 30 de xaneiro, celebramos o Día Internacional da Paz para lembrar a tod@s a necesidade de traballar xuntos para construír un mundo máis seguro e harmonioso. É importante ter en conta que a paz non é só ausencia de guerra, senón tamén un estado de benestar social, económico e político.
 
Debemos esforzarnos por fomentar a comprensión, o diálogo e o respecto mutuo entre todas as culturas e nacións. Soñar cun mundo en paz e traballar para conseguilo é unha responsabilidade de todos. Hoxe celebramos o Día Escolar da non Violencia e da Paz, xuntándonos todos e todas no patio e lembramos a necesidade de facerlle fronte á violencia coa tolerancia, o diálogo, a solidariedade e o respecto.
 
Como nos lembraron na lectura do manifesto alumnas de 4º da eso, “…non basta con falar da paz, un debe crer nela e traballar para conseguila…” Sabemos que o traballo que nos queda é moito, pero tamén sabemos que cada paso que vaiamos dando vai achegarnos ao noso obxectivo : Vivir en paz. Paz e ben para todos e todas.
 
 
 
 
 

DOMUND 2022

SEMANA DE NAI PAULA

Durante toda esta semana estivemos traballando e afondando sobre a figura de Nai Paula, Fundadora da nosa Congregación Franciscanas da Purísima.

Na liña do lema do presente curso,  elaboramos uns murais decorados por todo o alumnado que simbolizan o noso desexo de camiñar e medrar a carón de Nai Paula. 

O día 18 tivemos unha celebración conmemorando a data do seu pasamento na que lembramos o seu carisma e o seu legado.

CELEBRACIÓN DÍA DO PILAR

Semana festiva no noso colexio comenzando o mércores coa celebración da eucaristía do Pilar, Antonio Valín, párroco da nosa vila foi o encargado de oficiar a mencionada misa. O xoves tocoulle o turno aos grandes protagonistas, aos nosos alumnos e alumnas. Os máis pequenos, infantil, 1º e 2º de primaria disfrutaron coa presenza dun contacontos. Gozaron e interactuaron dun xeito activo. Mentres tanto os maís grandes participaban xa, no Campo de fútbol de Malates e ao arredor, dunha carreira de orientación organizada pola empresa roqsport de Viveiro, que sémpre están dispostos a botarnos unha man nestas celebracións, grazas pola vosa paciencia e dedicación cos rapaces e rapazas. Unha semana na que agardamos que tanto familias, alumnado e todas as personas que forman esta comunidade educativa fose do seu agrado.