Pastoral



O Colexio Plurilingüe Nosa Señora do Pilar é un centro evanxelizador. No que se vive en, dende e para o Evanxeo. A nosa acción educativa é animada polo Espíritu de Jesús que nos impele, ao  igual que o fixo con Francisco e madre Paula a “ver e escoitar a Xesús” entre os libros, as familias,… a Comunidade educativa. A tarefa de transmitir a mensaxe de Cristo é prioritaria. Dende o traballo diario nas aulas e o amplo programa de pastoral queremos desenvolver a nosa tarefa de educadores. 

Como xa saben, tódolos anos intentamos transmitirlles aos nosos alumnos valores que cremos  son importante para a formación integral dos mesmos. Este curso 2018 / 2019 o noso lema e os valores que vamos a traballar ao longo do curso é o seguinte:

CRE EN TI E TODO SERÁ POSIBLE

 

Con este lema queremos concienciar aos nosos alumnos de que có esfrozo, traballo e dedicación a través do amor e o cariño por aprender e mellorar academicamente, poden conseguir tódalas metas que se propoñan. Confiando nun mesmo, respetando aos demáis como fixo San Francisco, tendo en conta que para que as cousas  sucedan soamente están nas nosas mans.

 

BOCATA SOLIDARIO 2019

O pasado xoves 21 de febreiro celebramos como todos os anos o xantar solidario cun bocadillo para o cal cada un donaba como mínimo 4 €. Todo o recaudado estaba destinado para a mellora dunha escola que a nosa congragación rexenta en Kenia. O resultado foi moi positivo e a recaudación moi exitosa. Ademáis os nenos responderon a unha pregunta que previamente traballamos e que deixamos plasmado nun mural. Este valor que traballamos, a solidariedade, ten unha importacia moi grande no noso centro educativo e con estes actos queremos concienciar aos nosos alumnos e alumnas da relevancia que con este xesto tan humilde recaerá noutras persoas, en nenos da mesma idade, nunha educación axeitada para os mesmos, etc. Grazas a todas as familias que colaborarón para esta causa.

DOMUND 2018

Queremos agradecer a todas as persoas que colaboraron nesta doazón, pais, nais, alumnos e alumnas e todas cantas familias esforzáronse en por o seu gran de area para esta solidaria causa. Grazas a tod@s pola vosa participación.

Aquí podedes ver o recaudado así coma as grazas que nos mandan por dita colaboración, estas correspondentes ao domund do pasado ano.

 

MISA DO PILAR 2018

Como cada ano o día 12 de outubro celebramos a eucaristía do Pilar no noso centro. Queremos darlles as grazas a todos aqueles que quixeron participar conosco desta celebración tan especial para a noso colexio desexando que fora do seu agrado.

Misa do Pilar 2018

DÍA DE SAN FRANCISCO 2018

Hoxe, 4 de outubro, celebramos como tódolos anos o Día de San Francisco. Un acto ao que lle temos un especial cariño xa que nel intentamos transmitirlles aos nosos alumn@s os valores que este Santo nos ensinou durante a súa vida entre nós. Valores como a paz, a alegría por vivir, a esperanza, a fe, a verdade ante todo, amor cara os semellantes, o perdón ou a unión entre outros moitos. Foron alumnos de primaria os que nos lembraron a súa biografía e presenza destes valores no noso centro. Como remate, soltáronse unhos globos, simbolizando a liberdade que todos temos en canto as nosas crenzas, xeitos de vivir e a alegria que supón a unión entre todos.

Acto de Celebración Día de San Francisco 2018

Acto de Celebración Día de San Francisco 2018

MES DE MAIO 2018

Ao longo do mes de maio, Mes de María, todos os alumnos e alumnas xunto cos mestres e quixemos honrar á nosa nai. Os venres de cada semana e por cursos asistiamos á capela do colexio para mostrarlle o noso cariño, agradecementos, un conxunto de actos adicados a María. Neste curso quixemos rematar este mes coa coroación da Virxe pero non coma tódolos anos, senón que para que todos fosen partícipes do acto, este fixémolo na igrexa parroquial.

Queremos agradecer a toda a xente que nos acompañou e estivo presente no mesmo. Así mesmo, darlle as grazas ao párroco Antonio Valín polas súas palabras e por permitirnos celebrar este acontecemento na igrexa do pobo.

 

CONVIVENCIAS 2018

Os alumnos e alumnas da ESO e de 5° e 6° de Primaria gozaron ao longo desta semana duns días de convivencia; os rapaces e rapazas de 3° e 4° no Seminario Santa Catalina de Mondoñedo e os demais no Colexio. Deleitáronse co visionado dunha película e posteriormente reflexionaron nunha posta en común sobre os valores da vida. Tiveron ademais tempo para xogar e divertirse. Fermosa e entretida experiencia.
Convivencias 2018

 

 

RECADACIÓN BOCATA SOLIDARIO 2018

Grazas a todos pola vosa axuda, con esto seguiremos creando ilusión neses nenos que por desgracia non contan con todo o necesario para a súa educación, saúde, e mellorarlles, con este graniño de euros a súa vida. De novo, grazas a todos pola vosa participación.

 

BOCATA SOLIDARIO 2018

Durante a mañá de hoxe celebramos o Día do Bocadillo Solidario, sumándonos con esta iniciativa á campaña de solidariedade promovida en todo o mundo para axudar aos máis necesitados. As actividades comezaron ás 12:10 horas cunha charla de Sor Dolores Posada dirixida a toda a Educación Infantil e Primaria, na que tratou de sensibilizalos e conciencialos da situación de moitos nenos e nenas da súa mesma idade que seguen a ter necesidades básicas esenciais como alimento, vivenda e/ou sanidade. Mañá será o turno de Secundaria.

Posteriormente, todo o alumnado, profesorado e personal do centro compartimos un xantar a base de bocadillos, co fin de aportar a nosa pequena contribución para seguir axudando a aqueles que máis o necesitan. Como xa informamos, coa recadación deste ano, seguiremos colaborando no mantemento do Colexio “Mother Paula School”, que tén a nosa Congregación en Kenia e que comezou a funcionar no ano 2012.
Grazas a todos pola súa axuda.

Bocata Solidario 2018

 

 

VENERABLE NAI PAULA!, FUNDADORA DA CONGREGACIÓN

Durante esta semana estamos a realizar diferentes actividades para acercar ó noso alumnado a figura da Nai Paula (Madre Paula de Jesús Gil Cano), fundadora da congregación que xestiona o noso centro e que o pasado 7 de xullo de 2017 foi declarada VENERABLE polo Papa Francisco.

Co gallo deste nomeamento, a nosa Congragación quere invitar a todas as familias da comunidade educativa e do pobo de Foz á eucaristía que terá lugar na Igrexia Parroquial o vindeiro 27 de xaneiro ás 19:30 horas. Gustaríanos contar coa súa presenza.

Venerable Nai Paula

 

CHARLA SOBRE ADVENTO E CALENDARIO LITÚRXICO 2017.

Dentro das actividades programadas no Departamento de Pastoral e co motivo da chegada do Nadal, onte 28 de novembro, o sacerdote Don Antonio Rúa ofreceu unha charla sobre o advento e o calendario litúrxico aos  alumnos da ESO.

Agradecemos a boa disposición de Don Antonio para compatir con todos nós este día.

 

DOMUND 2017

Queremos agradecer a todas as persoas que colaboraron nesta doazón, pais, nais, alumnos e alumnas e todas cantas familias esforzáronse en por o seu gran de area para esta solidaria causa. Grazas a tod@s pola vosa participación.

Aquí podedes ver o recaudado así coma as grazas que nos mandan por dita colaboración, estas correspondentes ao domund do pasado ano.

 

 

FESTIVIDADE DO PILAR 2017

O Señor Bispo da diócese Mondoñedo-Ferrol, Luis Ángel de las Heras, oficiou no noso centro a Eucaristía de celebración da Festividade da Virxen do Pilar, patroa do noso colexio. Familias, alumnos/as, exalumnos/as, profesores/as e demais membros da comunidade educativa, gozamos dunha mañá de convivencia e celebración na que ademais da tradicional Eucaristía disfrutamos dun cuantioso ágape, xentileza da nosa Entidade Tituar.
Queremos agradecer ó Señor Bispo e a todos os asistentes a súa presenza nesta xorrnada tan relevante para o noso Centro Educativo. GRAZAS.

22424371_492875201077281_6291748218964262967_o

DÍA DE SAN FRANCISCO 2017

Hoxe día 4 de outubro, celebramos no noso colexio a Festividade de San Francisco con todo o alumnado do centro. Foron vinte minutos de reflexión, cancións e peticións que serviron para lembrar a importancia da solidariedade, da tolerancia e da axuda ós máis necesitados.

22254781_489024601462341_758616300686989855_o22181253_489024634795671_3872538960864734209_o22137113_489024754795659_344316092546983137_o

Día de San Francisco 2017

Día de San Francisco 2017

 

MES DE MAIO, MES DE MARÍA CURSO 2016 / 2017

image1

O Colexio do Pilar comeza o mes de maio con actividades e actos dedicados á Virxe. O pasado venres tocoulles a quenda aos alumnos de infantil, 1º e 2º de primaria que recitaron poesías, cantaron e rezaron á Virxe.

18199539_422757674755701_1095581076125192281_n

 

O pasado venres 12 e seguindo coas celebracións do Mes de Maio, os alumnos de 3º e 4º de primaria foron os encargados de homenaxear á Virxe realizando un acto moi ameno sobre os sentimentos e emocións que, como María, transmitimos aos demais.

Fotos do Acto Celebrado por 3º e 4º de Primaria

Enlace ao twitter

mes e maio 3º e 4º

CONVIVENCIAS MONDOÑEDO 2017

Proseguindo coa semana de convivencias, onte 25 de abril, os/ as alumnos/as de 3º e 4º de ESO, gozaron dun día para compartir, divertirse e reflexionar no Seminario en Mondoñedo. Comezaron a xornada coa proxección dunha película para despois meditar sobre a importancia do traballo e esforzo para poder acadar os soños. Comemos xuntos e tamén tiveron tempo para xogar no patio e visitar as instalacións do centro.

Un momento especial foi a imposición da TAU aos alumnos e alumnas de 4º de ESO, o último curso que estarán con nós, un símbolo que representa á familia franciscana á que pertenceron tantos anos e seguirán formando parte dela para sempre.

Pasamos un fermoso día todos xuntos.

Fotos Convivencias Mondoñedo 2017

Enlace ao twitter

 

18077328_418862275145241_531416241313807207_o

O pasado 24 de abril, os/as alumnos/as de 1º e 2º ESO disfrutaron  dunha xornada de convivencia no Seminario Santa Catalina de Mondoñedo. Comezamos visionando a película Soul Surf, coa que se pretendía transmitir unha mensaxe de superación persoal, confianza nun mesmo e a importancia do apoio incondicional da familia. Posteriormente debatimos sobre estes valores nunha interesante exposición en grupo. Houbo tempo tamén para comer, facer xogos e disfrutar no amplio patio destas instalacións mindonienses. Bonita e divertida xornada a de hoxe. Mañá será o turno do alumnado de 3º e 4º ESO.

Fotos Convivencia Mondoñedo 2017

Enlace ao twitter do colexio

 

IMG_20170424_152618

BOCATA SOLIDARIO 2017

O pasado 16 de marzo celebramos no noso colexio, unha vez máis, un acto de solidariedade para axudar á ONG Makua que como xa saben, está a facer unha labor de moito compromiso en áfrica, na mellora do mantemento do colexio que alí se fundou, “Mother Paula School” en Kenia. Queremos dar as gracias dende a Comunidade Educativa do Colexio do Pilar a todas as familias que dalgún xeito colaboraron nesta labor. Coma xa saben, toda a recadación vai destinada para mellorar a educación deses nenos, dende material escolar coma a mellora das instalación do propio colexio.

Fotos Bocata Solidario 2017

recaudación bocta solidario

 

OPERACIÓN KILO 2016

Lembramos a tod@s que temos aberta a campaña que xa todos coñecen, “Operación Kilo”, que como saben consiste na recolleita de alimentos para esas familias e nenos menos favorecidos.

Animamos a que participen nesta causa tan solidaria.
Na entrada do colexio, por onde entran os alumn@s hai colocadas unhas caixas onde poden deixar o seu donativo. Grazas de antemán pola súa colaboración dende a Comunidade Educativa do Colexio do Pilar.

operación kilo

 

DOMUND 2016

Os alumnos, pais, nais, profesor@s, relixiosas e demáis persoal, participamos nesta campaña solidaria do DOMUND 2016.

Deixamos reflectido nestas táboas o recadado este ano, así coma o certificado de gratitude que nos entregan a ano vencido As Obras Misionais Pontificias, ou sexa, o recadado no DOMUND 2015.

Grazas a tod@s pola vosa cooperación nesta campaña.

RECAUDACIÓN DOMUND 2016                                                                                                        CERTIFICADO DE GRATITUDE DOMUND 2015

DOMUND 2016

Campaña misioneira do Domund 2016:

Os alumnos do Colexio do Pilar, estamos a participar ao longo desta semana na campaña solidaria do DOMUND.

Esta campaña ten como obxectivos vivir a fe e o compromiso da caridade cos máis pobres e cooperar coas misións nas necesidades materiais dos misioneiros e das propias misións a través das Obras Misionais Pontificias.

Este ano a campaña leva o lema “Sal de tu tierra”, unha invitación que o Papa Francisco nos fai a sair de nós mesmos, para, como misioneiros, pormos ao servicio dos demáis.

DOMUND2016

 

DÍA DE SAN FRANCISCO 2016

A igrexa celebrou o pasado  20 de setembro, cadrando co Encontro Interrelixioso que tivo lugar en Asís, presidido polo Papa Francisco, unha xornada de oración pola paz. O desexo do Santo Pai, era que en todas as igrexas se celebraran actos pedindo por esta intención, por iso, os alumn@s e profesor@s do Colexio do Pilar quixemos unirnos no Día de San Francisco, que celebramos o pasado martes, 4 de outubro.

Neste acto tomamos como referencia a vida e obra de San Francisco, interpretáronse cantos propiamente franciscanos e rezouse conxuntamente a “Oración da Paz” de San Francisco. Para finalizar o acto soltáronse uns globos como símbolo de unión e fraternidade.

Poden ver todas as fotos no seguinte enlace da nosa páxina de facebook:  Album de fotos San Francisco 2016