Departamento de Orientación


O Departamento de Orientación do noso colexio está composto por unha Orientadora Escolar, unha mestra especialista en Pedagoxía Terapeútica e en Audición e Linguaxe, máis representantes de profesorado de cada etapa Educativa (Infantil, Primaria e Secundaria).

O obxectivo principal é axudar a que o alumnado aprenda e potencie as súas habilidades cognitivas, sociais e emocionais; contribuíndo a un desenvolvemento positivo en tódalas áreas da súa vida.

Para lograr o obxectivo anterior o Departamento de Orientación traballa en coordinación co profesorado do centro, alumnado e as súas familias e/ou axentes externos, segundo a necesidade de cada caso.

Os tres eixos principais de actuación son:

  • Apoio ao proceso de ensinanza – aprendizaxe para lograr que o alumnado desenvolva o seu máximo potencial, mediante: asesoramento, establecemento, revisión e seguimento das medidas de atención á divesidade; coordinación e organización de apoios e reforzos; avaliación psicopedagóxica individual e outras probas de screening; orientación educativa coas familias; coordinación e/ou derivación a profesionais externos como axuda ao proceso de ensinanza-aprendizaxe; participación nas avaliacións e reunións de diferentes etapas educativas, ofrecendo asesoramento.
  • Orientación académica e profesional para lograr que o alumnado alcance a madurez adecuada que lle permita elixir o seu proxecto de vida de forma libre, autónoma e responsable, mediante: información sobre as distintas opción do sistema educativo (tanto con axentes externos como propios); asesoramente individualizado a familias e/ou alumnado; colaboración na elaboración do consello orientador; apoio no deseño de titorías específicas para traballar o autocoñecemento e a toma de decisións.
  • Apoio ao Plan de Acción Titorial para asesorar a titores e titoras na súa labor, coordinala e complementala cando sexa necesario, mediante: revisión e coordinación do Plan de Acción Titorial; apoio na busca de materiais, actividades e/ou recursos para lograr o desenvolvemento integral do alumnado; deseño de titorías específicas en base ás necesidades de cada curso; atención individualizada e orientación persoal do alumnado e/ou familias que o requiran.