FESTA DA FAMILIA 2019/20



FESTA DA FAMILIA 2019/20

FESTA DE COMEZO DE CURSO SÁBADO 26 DE OUTUBRO

Queridas familias,
A FESTA DA FAMILIA ao comezo do curso convertímola entre todos na festa para reencontrarnos, unha convivencia de alumnos-pais-profesores-relixiosas, para empezar o curso con máis ganas e bo humor, para coñecerse os que empezan novos e para voltar cos amigos que non vimos durante o verán…
Un ano máis gustaríanos contar con todas as familias do Colexio para que participen, se divertan e, ata se fose necesario, colaboren.

Programación:
Inicio ás 11,30 con competicións deportivas (baloncesto e fútbol sala), coordinado polo Departamento de Actividades Deportivas do Centro. Haberá partidos contra pais e profesores. APUNTÁDEVOS, que a risa está asegurada! Tamén teremos talleres para todas as idades: Taller de maquillaxe e manualidades (este ano volvemos a contar coa colaboración de AFAN, a Asociación de Familiares de Alzheimer e outras enfermedades Neurodexenerativas de Burela). Gústanos colaborar con boas causas: ELES MERÉCENO e NÓS TAMÉN.
Ademáis, teremos un rincón para os xogos de mesa: xadrez, parchís… todos eses xogos que nos entreteñen a pais e fillos e temos ás veces esquecidos. Colchonetas dende as 12 da mañá ata as 4 da tarde!!!

Comida todos xuntos no Colexio. Gustaríanos contar coa súa colaboración en canto a participación nos xa clásicos concurso de tortillas e concurso de doces. A ANPA organizará unha comida para todos con empanadas, lacón, fiambres, ensalada de pasta… e unido á aportación voluntaria dos participantes, podemos pasar un bo xantar entre todos. Se alguna familia non quere participar nos concursos pero sí con outras viandas, son todas benvidas.
Para axudar a decidir, facémoslles indicación do que se pode aportar para así que teñamos de todo: pan, fiambre, refrescos, queixo, empanadas, bolos preñaos, chourizos, aceitunas, lacón asado, croquetas, pizzas… (o ano pasado algunhas personas xuntábanse para aportar algunha destas comidas e así que saíra beneficioso para todos).
GRANDES SORTEOS E PREMIOS!!!
COLABOREMOS TOD@S. AGÁRDANOS UN DÍA DA FAMILIA ESPECIAL E INESQUECIBLE PARA NÓS E @S NOS@S FILL@S
Pola tarde continuaremos con baile e xogos sorpresa a cargo de ACTIVITY CENTER BURELA.
Está previsto finalizar a xornada sobre as 5 da tarde.
Debido ás características da festa deste ano, e para programar o mellor posible a comida e os talleres, agradeceríamos que nos foran adiantando que persoas estarían interesadas en acudir, en colaborar con comida e en participar nos concursos gastronómicos, a través dos profesores, enviando unha nota polos alumnos, ou chamándonos directamente a ANPA:
Maite L (669471512), Clara (649007702), Patricia (626473638), David (620369214)
Moitas grazas.


Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *