DÍA ESCOLAR DA PAZ E NON VIOLENCIA



DÍA ESCOLAR  DA PAZ E NON VIOLENCIA

Como ben saben, o Día Escolar da Paz e a Non Violencia (School Day of Non-violence and Peace) celébrase todos os anos o 30 de Xaneiro.

Ten por obxectivo a educación en e para a tolerancia, a solidariedade, a concordia, o respecto aos Dereitos Humanos, a non- violencia e a paz.

Neste día, o noso colexio quixo convertirse en instrumento de paz e entendemento entre persoas de distinta formación, raza, cultura e relixión.
Así pois, o XOVES 30 de xaneiro realizamos unha MARCHA SOLIDARIA dende o Colexio ata a Casa do Concello coa finalidade de sensibilizar ao noso alumnado sobre a importancia de axudar a aquelas persoas que teñen algunha dificultade.

Alí tivemos o acto principal onde se leu un manifesto e procedeuse  á solta de pombas.

Grazas a toda a xente que quixo acompañarnos neste día.

Acto Día Escolar da Paz e a Non Violencia


Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *