Innovación


No noso Colexio tratamos de aplicar os procesos de ensino de máis proveito para o noso alumnado, tentando sempre que se adapte tanto ás súas necesidades como ás do tempo no que vivimos.

Por esta razón, o profesorado impulsa metodoloxías que fagan que o alumno participe do que aprende. Que se convirta no protagonista da súa propia aprendizaxe. De aquí que se vaian poñendo en marcha métodos e recursos innovadores, como, por exemplo, a dotación das aulas con pizarras dixitais e medios de reproducción audiovisual.

 

CENTRO ABALAR


Incorporámonos á Rede de Centros Abalar no curso 2010/2011. Na actualidade contamos con catro aulas Abalar (5º e 5º de Primaria e 1º e 2º de ESO).

A estratexia do proxecto Abalar xira arredor do concepto de centro educativo dixital. Polo que as nosas aulas están dotadas de proxector, pizarra dixital e un ordenador portátil para cada alumno.

O proxecto Abalar persegue un salto cualitativo e cuantitativo no modelo educativo, co fin de mellorar a súa eficiencia nun proceso de modernización, integrando as tecnoloxías da información e da comunicación en todos os ámbitos educativos

Que é o servizo espazo Abalar Familias?

O servizo espazo Familias é un dos servizos do portal espazoAbalar que permite aos pais, nais e responsables legais acceder ao seguimento académico en liña dos seus fillos/as e establece unha nova canle de comunicación entre estes e os titores/as. Podes acceder dende  aquí.

 

AULAS DIXITALIZADAS


Todas as aulas dixitalizadas con cañón, ordenador e pizarra dixital.  

 

METODOLOXÍA PEDAGÓXICA


O profesorado traballa na aula, programando e avaliando por competencias segundo a nova leí vixente LOMCE.