Comunicación coas familias


Para o Colexio Plurilingüe Nra Sra del Pilar, é de vital importancia a boa relación entre a familia e a escola, xa que ambos temos un obxectivo común que é o desenvolvemento global e harmonioso dos nenos e neas, e, polo tanto, debe ser unha tarefa compartida. A educación é un longo proceso que comeza dende a familia e despois na escola polo que se necesita de ambas partes para conseguir un pleno desarrollo educativo e personal dos nenos/as. O noso Colexio intenta colaborar coas familias a través de:

  • Reunión inicial de curso, de titores coas familias do grupo
  • Información permanente na páxina web
  • Circulares informativas que enviamos a casa polos alumnos/As e colgamos na web
  • Reunións individuais de titoría, previa cita co titor/a
  • Charlas para familias
  • Festas e actos lúdicos para toda a Comunidade Educativa

Os titores e profesores disporán dunha sesión semanal para atender individualmente ás familias co fin de escoitar as súas demandas, intercambiar información sobre aspectos que resulten relevantes para mellorar o proceso de aprendizaxe e promover a cooperación das familias na tarefa educativa que desenvolva o profesorado. O titor facilitará, no seu caso, as entrevistas que os pais desexen manter cos profesores do grupo, poñendo en contacto aos interesados. Normalmente os titores dos seus fillos requeriranos varias veces ao longo do curso, sen embargo, vostedes tamén poden  solicitar  cita no momento que o desexen. A continuación indicámoslles as horas que se estableceron neste curso para a atención a pais. Se algunha familia non pode asistir durante o horario indicado, deberá poñerse en contacto co titor (persoalmente, nota na axenda, e-mail,…), para concertar entrevista, e sempre serán atendidos noutra hora na que poidan acudir.

Horario de Atención a Familias.

En calquera caso, mellor solicitar cita previamente, para unha mellor atención e organización.

Sempre que sexa necesario que o alumno/a saia durante o horario escolar, será preciso remitir ao colexio toda información necesaria para, así, avisar da ausencia xustificada.


Información para a saída de alumnos do centro

 

Espazo Abalar

O servizo espazo Familias é un dos servizos do portal espazoAbalar que permite aos pais, nais e responsables legais acceder ao seguimento académico en liña dos seus fillos/as e establece unha nova canle de comunicación entre estes e os titores/as.
Accede dende aquí.