COLEXIO CARDIO PROTEXIDO



COLEXIO CARDIO PROTEXIDO

SOMOS ESPAZO CARDIO PROTEXIDO!

O noso colexio xa conta cun desfibrilador semiautomático situado na entrada principal do colexio que da aceso ás aulas.

Membros da comunidade educativa realizaron un curso de primeiros auxilios que incluíu teoría e práctica da xestión dun desfibrilador automático (DESA).

O obxectivo é poder actuar con eficacia no caso dunha parada cardiorrespiratoria.

Dende o centro, estase a traballar no protocolo para o uso do dispositivo e en novos obradoiros de formación para o persoal do centro co obxectivo de aprender coñecementos de RCP (reanimación cardio pulmonar) que permita coñecer as técnicas para salvar unha vida en calquera momento.

Colexio Cardio Protexido


Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *