BOCATA SOLIDARIO 2020



BOCATA SOLIDARIO 2020

Hoxe, martes 3 de marzo, celebramos o día do “BOCATA SOLIDARIO”, sumándonos con esta iniciativa á campaña de solidariedade promovida en todo o mundo para axudar aos máis necesitados.

Todos os alumnos, persoal docente e non docente xantaron no centro cun bocadillo.

O servizo de comedor foi a base de bocadillo e auga, e a recadación correspondente a este día do comedor escolar será integramente para esta causa.

Aínda que sabemos que o recadado é insignificante para paliar tal problema, só queremos dentro das nosas posibilidades aportar o nos gran de area para axudar nesta causa.

Toda a recadación irá de novo destinada a axudar á ONG “MAKUA” http://www.ongmakua.com/index.html, esta organización pertence a nosa Congregación e está a desenvolver a súa labor en Mozambique e Kenia. Coa recadación deste ano, seguiremos colaborando no mantemento do Colexio “Mother Paula School”, que tén a nosa Congregación en Kenia e que comezou a funcionar no ano 2012.
O noso agradecemento para todas as persoas que colaboraron connosco neste día.

A COMUNIDADE EDUCATIVA DO CPR. NOSA SRA. DO PILAR


Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *