BOCATA SOLIDARIA 2020



BOCATA SOLIDARIA 2020

Dende o Colexio do Pilar de Foz queremos informar que o próximo martes 3 de marzo imos celebrar o día do “BOCATA SOLIDARIO”, sumándonos con esta iniciativa á campaña de solidariedade promovida en todo o mundo para axudar aos máis necesitados.

Todos os alumnos, persoal docente e non docente e quen así o desexe xantarán no centro cun bocadillo.

Poranse á venda, mañá venres 28 de febreiro e o próximo luns 2 de marzo, uns vales cun custo mínimo de 4 € para todos/as aqueles/as que queiran colaborar. Os que desexen incrementar o seu donativo, tamén será ben recibido.

O servizo de comedor será a base de bocadillo e auga, e a recadación correspondente a ese día do comedor escolar será integramente para esta causa.

Os alumnos que fan uso deste servizo complementario diariamente poden colaborar tamén , se así o deciden, mercando o citado vale aos titores/as.

Todos os que non pertenen ao comedor deberán mercar o devandito vale.

A parte dos alumnos/as e profesorado, quenqueira pode axudar mercando o vale e uníndose a

toda a comunidade neste día

Aínda que sabemos que o recadado é insignificante para paliar tal problema, só queremos dentro das nosas posibilidades aportar o noso gran de area para axudar nesta causa.

Toda a recadación irá de novo destinada a axudar á ONG “MAKUA” http://www.ongmakua.com/index.html, esta organización pertence a nosa Congregación e está a desenvolver a súa labor en Mozambique e Kenia. Coa recadación deste ano, seguiremos colaborando  do Colexio “Mother Paula School”, que tén a nosa Congregación en Kenia e que comezou a funcionar no ano 2012.

O noso agradecemento para todas as persoas que colaboran connosco neste día.

A COMUNIDADE EDUCATIVA DO CPR. NOSA SRA. DO PILAR.

Bocata Solidario

 


Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *