Biblioteca


DÍA DO LIBRO 2018

O 23 de abril celébrase o Día Internacional do Libro. Dende o CPR Plurilingüe A Nosa Sra. do Pilar queremos festexalo como se merece, de xeito que ao longo de toda a semana organizaremos diversas actividades encamiñadas a fomentar o hábito da lectura do noso alumnado, a empregar a lectura como medio para ampliar o noso vocabulario e, neste curso 2017/18, acercarse á figura literaria do escritor onubense Juan Ramón Jiménez, co gallo do sesenta aniversario da súa morte. Ao longo da semana, afondaremos na súa obra literaria con actividades axeitadas para os diferentes cursos e idades. Hoxe xa comezamos a decorar e ambientar o centro para esta actividade. Iremos dando cumprida información.

“Precisamente un hombre es un poeta cuando puede ser, espontánea y naturalmente, lo que es.” Juan Ramón Jiménez.

Semana Día do Libro 2018

DÍA DA BIBLIOTECA

Onte celebramos no centro o Día da Biblioteca, que se conmemora a nivel internacional dende 1997 a proposta da Asociación Española de Amigos do Libro Infantil e Xuvenil co obxectivo de trasladar á opinión pública a importancia da biblioteca como lugar de encontro de lectores de todas as idades coa cultura. Varios grupos de Educación Primaria visionaron vídeos relacionados con este día e visitaron a biblioteca do centro para realizar diferentes actividades relacionadas coa lectura e a búsqueda de información.

“Para viajar lejos, no hay mejor que un libro”. Emily Dickinson

Día da Biblioteca

Día da Biblioteca

REFORMA BIBLIOTECA ESCOLAR

Outras das novidades deste curso foi a reforma da biblioteca do noso centro. Durante este verán pintáronse as paredes, colocáronse estores para protexer os exemplares da luz do sol e aumentáronse as estanterías para a organización de libros, revistas, manuais e demais material de lectura e consulta. Dende hoxe o alumnado xa pode facer uso desta instalación do colexio no que poden consultar, intercambiar e solicitar o préstamo das numerosas obras a través da base de datos da mesma.
O noso centro quere seguir fomentando o hábito e o gusto pola lectura como medio de disfrute personal e como mellora da lectoescritura e a comprensión lectora. Agardemos que o alumnado siga tendo a mesma ilusión por disfrutar da biblioteca escolar como neste primeiro día.

IMG-20171017-WA0001IMG-20171017-WA000217-10-2017 16.10.37 1

Reforma Biblioteca Escolar

Reforma Biblioteca Escolar

COÑECENDO A GLORIA FUERTES

O pasado xoves 27 de abril celebramos cos máis pequenos do colexio (Infantil e 1º, 2º e 3º de Educación Primaria) o acto de celebración do Día do Libro que este ano, como ben saben, adicamos á figura de Gloria Fuertes co gallo do centenario do seu nacemento.

Primeiramente, os/as alumnos/as de 3º de Educación Primaria recitaron e escenificaron varios poemas de Gloria Fuertes como “Todo está en su sitio”, “Mi cara”, “Dentro de una pera” e “Con un cero”.

Posteriormente, os/as nenos/as de 1º Educación Primaria cantaron a canción como “Los dedos” e os máis pequenos do cole “La mosca y el mosquito”.
Finalmente, rematamos o acto cantando todos xuntos “Nanuk el esquimal”, outra preciosa canción desta escritora madrileña.
Mañá celebrarase o acto do Día do Libro para o alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria e toda a Secundaria. ??
No existe libro tan malo que no tenga algo bueno“. Miguel de Cervantes.
 acto gloria fuertes 2

O pasado venres 28 de abri, a primeira hora da mañá celebramos co alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria e toda a Secundaria o acto do Día do Libro (co resto dos cursos xa se celebrara o día anterior).

Primeiramente, o director do colexio fixo unha pequena introducción na que insistiu na importancia de adquirir hábito de lectura e na que introduciu a figura de Gloria Fuertes, escritora á que se adicou a Semana do Libro no noso colexio.

Posteriormente, proxectáronse tres vídeos:

– “Conociendo a Gloria Fuertes”. Duración: 3´10´´

Breve repaso á vida e obra desta escritora madrileña e das súas colaboracións en diferentes revistas e programas de televisión.

– “En memoria de Gloria Fuertes: nuestra poeta de guardia”. Duración:4´36´´

Vídeo homenaxe a esta escritora entrañable e cercana, que polo seu carisma, valentía, sensibilidade e personalidade forma parte importante dos recordos da infancia, da rebeldía adolescente e dos momentos entrañables da nosa vida.

– Entrevista a Gloria Fuertes. Duración: 5´13´´

Entrevista realizada en 1997 en TVE sobre a edición de “Aldea poética” que tiña como lema “la poesía une” e coa que pretendía fomentar entre a xuventude a lectura e o cultivo da poesía.

Como colofón Belén Otero, alumna de 3º ESO, leu o famoso poema “No perdamos el tiempo” da escritora madrileña. ???

El poema tiene que pellizcar, acariciar“. Gloria Fuertes.

Acto Día do Libro 4º, 5º 6º e ESO.

Acto Día do Libro 4º, 5º 6º e ESO

acto gloria fuertes

SEMANA DO LIBRO

Continuando coas actividades programadas para a Semana do Libro, hoxe quixemos acercar a lectura ó alumnado de Primaria na súa hora de recreo. A resposta dos/as rapaces/as foi mellor do agardado, de modo que en pouco tempo xa estaban todos os libros “sendo devorados” polos/as alumnos/as desta etapa. Repetiremos durante todos os recreos desta semana.

Mañá presentarémosvos polo miúdo a un axudante moi especial, sin o cal isto non sería posible.

Tamén estamos a preparar un mural con diferentes poemas de Gloria Fuertes escritos polos/as alumnos/as de Primaria que permanecerá exposto na entrada do colexio. No mesmo lugar temos un expositorio con diferentes obras desta autora madrileña para ser consultadas polo alumnado. ??

No noso colexio cada día gústanos máis a lectura.

Fotos Bibliorecreo

 

18121144_418557531842382_7017401364427244801_o

RECOMENDACIÓNS DE LIBROS POR PARTE DOS ALUMNOS DENTRO DAS ACTIVIDADES PROGRMADAS PARA A SEMANA DO DÍA DO LIBRO
A nosa mascota Pilarín acompaña dende hai xa unhos anos a todos eses rapaces e rapazas que queren introducirse neste mundo fascinante da lectura.

MASCOTA BIBLIOTECA PILARÍN

 

 Dispoñemos dunha bilioteca con 1.796 exemplares de obras de diferente temática e xénero literario.

Estes libros están a disposición do alumnado a través dun servizo de préstamo rexistrado nunha base de datos.
O horario da nosa biblioteca é o seguinte:

HORARIO BIBLIOTECA CENTRO

Como se pode observar no horario, poñemos en marcha este curso un Clube de Lectura do que iremos informando, así coma de todas as actividades que se realicen neste ámbito.
Se quere consultar a relación de libros da nosa biblioteca pode facelo a través do seguinte arquivo:

 

Relación de libros Biblioteca de Centro

 

Ademáis de todo isto, contamos cun Plan Anual de Lectura ( PAL ), no que tratamos de fomentar nos nosos alumnos o hábito lector e o gusto pola lectura e a escritura, presentándoa como forma de comunicación, enriquecemento cultural e placer personal en todas as áreas e todos os niveis, e conseguir deste modo a adquisición de competencias básicas e dunha lectura comprensiva.
Poden consultalo no seguinte enlace:

 

Plan Anual de Lectura